Seguidamente anotamos as actividades programadas para a semana do 11 ata o 15 de maio.
En Matemáticas empezaremos o libro do terceiro trimestre co Tema 11.
En Lingua Castelá e en Lingua, Ciencias Socias e Ciencias da Natureza, continuamos a 3ª parte do Tema 10.
Tamén incluímos Traballando Valores en tempo de confinamento, coa “Autoestima”
Para finalizar, seguiremos cos talleres de Anaya en Plástica, aprendendo como facer un ábaco e contar números ata o 79
As actividades das especialidades: Educación Física, Inglés, Francés, Música e Relixión, están dispoñibles na cabeceira do blog.
Agradecemos nos mandedes ao correo, unha selección do traballo que están realizando nenos e nenas dende o 13 de abril, data correspondente ao inicio do terceiro trimestre, das materias de matemáticas, lingua castelá, e "xuntos"(lingua galega, ciencias sociais e ciencias da natureza).
Se tendes escáner, facédeo dese xeito, e senón mediante fotos dos libros, fichas e cadernos, pero en arquivos independentes para poder gardalos.
Igualmente, se podedes, mandade un breve vídeo lendo o texto: Lectura de: "El viaje de Gulliver" (páx. 148), para valorar os seus avances.
O obxectivo desta solicitude é axudarvos, e axudarlles, no proceso de reforzo correspondente a esta etapa final de curso. No asunto do correo poñede sempre: ACTIVIDADES DE (nome e apelidos) DE 1º (A-B).
Podedes dirixirvos ao voso titor ou titora, ante calquera dúbida ou comentario, escribíndonos por Abalar Móbil, ou aos nosos correos:
1ºA: primeirocicloa@gmail.com
1ºB: primeirociclob@gmail.com
Saúdos e moito ánimo!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario