3.5.20

TRABALLAR VALORES EN TEMPO DE CONFINAMENTO

 Esta semana vamos traballar o valor da tolerancia mediante un libro que vos vai gustar moito.

Tolerancia: É respectar as ideas dos demais, as súas crenzas, tradicións e costumes. Ser paciente cos erros ou defectos dos demais. Mostrar serenidade e paciencia ante as opinións ou as accións doutras persoas, coincidan ou non coas nosas.
A tolerancia axúdanos a vivir en paz e a evitar conflitos innecesarios e pelexas que nos fan sufrir.
É importante que antes de pelexarte penses se te compensa esa discusión que che fai chorar e estar triste. Aceptar aos demais como son, é tan importante como aceptarnos a nós mesm@s

LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA:
Este libro que vos presentamos, conta  como unha nena feliz un día descobre no seu interior un gran baleiro que a enche de tristeza e busca como pechalo e volver ser como antes. Usaba tapóns de todo tipo pero nada parecía funcionar, ata que un día decatouse de que todo estaba no seu interior, onde tiña un mundo marabilloso e máxico que nunca pensou que existirá. Grazas a iso, empezou a ver doutro xeito aos demais.


COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ESCRITA:
Despois de ler o conto, fai un debuxo de ti mesm@ co teu "Vacío" e como consegues enchelo.

EXPRESIÓN ORAL:
De seguro que ti tamén tes ese "Vacío" dentro de ti nestes días de confinamento, por iso é importante que reflexiones sobre como enchelo e non perder o ánimo.
Ler un libro, facer as actividades de cada semana, facer un debuxo, facer deporte, son tapóns que axudan a tapar ese oco, pero o máis importante, valorar aos demais, á túa familia.
Expresa os teus sentimentos e fala das túas preocupacións cos teus pais, irmáns, irmás ou outros membros da familia que vivan contigo na casa.

VÍDEO:

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario