Seguidamente anotamos as actividades programadas para a semana do 1 ata o 5 de xuño.
En Matemáticas faremos un repaso do Tema 11, reforzando conceptos anteriores como as decenas e unidades e as sumas e restas.
En Lingua Castelá e en Lingua, Ciencias Socias e Ciencias da Natureza, cotinuaremos ca 2ª parte do tema 11.
Traballando Valores en tempo de confinamento, inicia a 1ª parte de: “Habilidades Sociais.”
E en Plástica traballaremos "A Primavera"mediante paisaxes e froitas.
As actividades das especialidades: Educación Física, Inglés, Francés, Música e Relixión, están dispoñibles na cabeceira do blog.
Agradecemos mandedes ao correo, unha selección do traballo realizado dende o 22 de abril ata o 4 de xuño, das materias de matemáticas, lingua castelá, e "xuntos"(lingua galega, ciencias sociais e ciencias da natureza).
Se tendes escáner, facédeo dese xeito, e senón mediante fotos dos libros, fichas e cadernos.
Igualmente, se podedes, mandade un breve vídeo dos nenos e nenas, lendo o texto do tema 11 de Lingua Castelá: "El cocodrilo Roberto" (páxina 166), para valorar os seus avances.
Calquera dúbida ou comentario, podedes escribirnos por Abalar Móbil, ou aos nosos correos:
1ºA: primeirocicloa@gmail.com
1ºB: primeirociclob@gmail.com
Saúdos e moito ánimo!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario