17.5.20

ACTIVIDADES SEMANA DO 18 ATA O 22 DE MAIO

Estimadas Familias:

Seguidamente anotamos as actividades programadas para a semana do 18 ata o 22 de maio.

En Matemáticas faremos  a segunda parte do Tema 11.

En Lingua Castelá e en LinguaCiencias Socias e Ciencias da Natureza, traballaremos o repaso do segundo trimestre.  

Traballando Valores en tempo de confinamento, seguirá coa segunda parte de: “Autoestima” 

Tamén esta semana continuaremos en Plástica con outro Taller de Experiencias para Primaria de Anaya, aprendendo como facer un Tangram.

As actividades das especialidades: Educación Física, Inglés, Francés, Música e Relixión, están dispoñibles na cabeceira do blog.

 Para acceder a todo o material publicado anteriormente durante o confinamento, premede CORONAVIRUS na cabeceira do blog.

Agradecemos o esforzo que estades a facer nestes tempos tan complicados en que temos que desenvolver o noso traballo apoiándonos na vosa colaboración. É unha experiencia coa que vamos aprendendo todos e todas cada día, intentando que a ausencia das clases presenciais, non sexa un obstáculo no proceso de aprendizaxe dos nosos nenos e nenas. O noso obxectivo é que non perdan a ilusión por seguir avanzando.

Grazas polo material que estamos recibindo, pero non é necesario que mandedes todo, chega cunha selección do máis importante e por favor non mandedes os arquivos comprimidos.

 Calquera dúbida ou comentario, podedes escribirnos por Abalar Móbil, ou aos nosos correos:

1ºA:   primeirocicloa@gmail.com 
                                           
1ºB:  primeirociclob@gmail.com 

Saúdos e moito ánimo!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario