-Todos podemos conseguir grandes cousas, e temos en nós o necesario para conseguilo. Non debemos darlle importancia á beleza exterior, e querer cambiar só por como nos vexan os demais.
É importante saber "Aceptarnos tal e como somos".
LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA
-Le o conto " A FADA FEA"
Había unha vez unha aprendiz de fada madriña, máxica e marabillosa, a máis lista e amable das fadas. Pero era tamén unha fada moi fea, e por moito que se esforzaba en mostrar as súas moitas calidades, parecía que todos estaban empeñados en que o máis importante dunha fada tiña que ser a súa beleza. Na escola de fadas non lle facían caso, e cada vez que voaba e unha misión para axudar a un neno ou calquera outra persoa en apertos, antes de poder abrir a boca, xa estaban berrando e gritando:
- Fea! bicho!, lárgate de aquí!
Aínda que pequena, a súa máxia era moi poderosa, e máis dunha vez pensara facer un encantamento para volverse bela; pero logo pensaba no que lle contaba a súa mamá de pequena.
- Ti es como es, con cada un dos teus grans e as túas engurras; e seguro que é así por algunha razón especial...
Pero un día, as bruxas do país veciño arrasaron o país, facendo prisioneiras a todas as fadas e magos. A nosa fada, pouco antes de ser atacada, enfeitizou os seus propios vestidos, e axudada pola súa fea cara, fíxose pasar por bruxa. Así, puido seguilas ata a súa gorida, e unha vez alí, coa súa maxía preparou un gran festa para todas, adornando a cova con morcegos, sapos e arañas, e música de lobos ouveando.
Durante a festa, correu a liberar a todas as fadas e magos, que cun gran feitizo conseguiron encerrar as bruxas na montaña durante os seguíntes 100 anos.
E durante eses 100 anos, e moitos máis, todos lembraron a valentía e a intelixencia da fada fea.
Nunca máis se volveu a considerar naquel país a fealdade unha desgraza, e cada vez que nacía alguén feo, todos enchíanse de alegría sabendo que tería grandes cousas por facer.
-Vocabulario
- Calidade: cualidades.
- Apertos: apuros.
- Engurras: arrugas.
- Enfeitizou: hechizó.
- Gorida: cueva, guarida
- Ouveando: aullando.
- Lembraron: recordaron.
EXPRESIÓN ORAL:
1.- Unha vez lido o conto comentar coa familia as seguintes preguntas.
-Hai xente que é máis guapa ou máis fea, cres que iso as fai mellores ou peores?
-Pensas que ser guapo ou fea é unha vantaxe para ser mellor persoa, ou podería ser un inconveniente?
-Con que tipo de persoa preferirías pasar unha tarde xogando no parque: cunha guapa ou cunha fea? Por que?
2.- Observa os seguintes debuxos onde hai nenos e nenas esforzándose por aprender cousas distintas. Comenta oralmente porque o fan e porque é importante para eles.
VÍDEOS:
-Este vídeo nos enseña: "Toma de decisións. Aprender a emprender".
-Neste outro como desenvolver a autoestima.
-Despois de ver este vídeo facer unha flor da vosa autoestima. Se non tes folios de cores, podes facelo con folios brancos, escribes as palabras e logo podes colorear cada pétalo dunha cor distinta sen cubrir as palabras.
Algunhas palabras que podes utilizar:
alegre, auténtico, autónomo, bondadoso, comprensivo, amor, cortés, creativo, dozura, fortaleza, xeneroso, humilde, optimista, paciencia, respeto, responsable, sensible, sincero, tolerante, valente, paciente...
No hay comentarios:
Publicar un comentario