Presentamos esta actividade tan xenial que nos permite facer un taboleiro de xadrez e, despois de escoitar un conto , aprender a xogar na casa. É moi sinxelo iniciarse e, logo de que memorizas as regras, xa se trata de practicar.
Con este xogo mellorarás a memoria e a concentración e tamén te axudará a resolver problemas e a túa capacidade lectora.
Ponte xa a facer o taboleiro e as fichas e dedícalle un pouco de tempo diario a practicalo!
Ánimo que ti podes!!!
FACER UN TABOLEIRO DE XADREZ
1 Constrúe a base.
Toma un cadrado de madeira delgada ou de cartón resistente duns 28 centímetros de lado.
Para confeccionar as casas necesitarás unha folla de papel de tamaño Din A4.
Debuxa na folla un cadrado de 28 centímetros de lado; divide cada lado en 8 partes iguais, prolonga as liñas ata chegar alén do cadrado. Desta maneira construirás as casas do taboleiro de xadrez.
2 Configura o taboleiro.
Toma un rotulador negro e colorea os cadrados alternativamente, recorta o cadrado cando termines.
Consegue un forro transparente para libros e corta un cadrado que sexa uns centímetros máis grande que o cadrado do taboleiro.
Despega o forro con coidado e pégao sobre a cara dianteira da folla con casas, tenta evitar que se formen engurras.
3 Forra.
Toma de novo a base de cartón e aplica pegamento de barra nunha das caras, coloca o taboleiro sobre o cartón con coidado e asegúrache de que quede ben pegado.
Feixe algúns cortes nas esquinas do forro transparente, dálle a volta ao cartón e pega os sobrantes do forro pola parte traseira.
4 Crea as figuras.
Utiliza botóns brancos e negros; serán necesario 16 botóns de cada cor.
Mide o radio da parte interior dos botóns, toma un compás e con esas medidas traza 16 círculos nunha cartolina.
No interior dos círculos terás que debuxar ou describir as distintas figuras do xadrez. Repite o proceso para ter as figuras das dúas cores.
Recorta os círculos e pégaos sobre os botóns.
Mira no vídeo para velo facer.
Preme na imaxe para ver a presentación do conto
No hay comentarios:
Publicar un comentario