30.3.20

ACTIVIDADES SEMANA DO 30 DE MARZO ATA O 3 DE ABRIL

 Estimadas Familias:

 Seguidamente vos aportamos as actividades programadas para a semana do 30 de marzo, ata o 3 de abril, cada unha cunha parte descritiva dos obxectivos que pretendemos alcanzar.
Nesta ocasión incluímos ditados de números e textos en todas as materias, xa que a extensión do confinamento, fai convinte non esperar ata chegar ao colexio para continuar practicando os mesmos.
En Matemáticas comezamos o Tema 10 do libro con vídeos que explican as materias que vamos dar. Deixamos pendente o reloxo, para facer un apartado especial, dada a complicación que ten para entendelo. Para 1ºA, incluímos un caderno de fichas de repaso de ABN
  En Lingua Castelá traballaremos o Tema 9 mediante o libro e en Lingua, Ciencias Socias e Ciencias da Natureza utilizaremos as fichas.
Todas as entradas do blog inclúen vídeos educativos que axudan á comprensión dos conceptos para facer tarefas.
Finalmente comentar que aportamos unha entrada especial enliña  de libros que se poden ler no ordenar na tableta ou no móbil e que o grupo Anaya nos facilita gratuitamente para colaborar con estes momentos tan difíciles que os nosos nenos e nenas están a vivir, sen poder saír da casa e sen asistir ao colexio onde facemos o empréstito de libros da biblioteca.
Por outra banda reiterarvos o que xa vos comentamos en ocasións anteriores, respecto a que as propostas de actividades son tentativas e as podedes axustar segundo as vosas posibilidades familiares. As correspondentes a esta semana son extensibles ata despois de semana santa, período que correspondería as vacacións escolares. 
No caso de que non teñades impresora para as fichas, podedes pedirlles aos nenos e nenas que copien da pantalla os exercicios e que os fagan nun caderno, ou tamén resolvelos oralmente. O tema é avanzar o que se poida, sen que se converta nun problema para as familias.
Saúdos  e moito ánimo!!
Calquera dúbida, podedes escribirnos ao noso correo primeirociclocouceiro@gmail.com 

No hay comentarios:

Publicar un comentario