13.3.20

SUXESTIÓNS PARA ESTES DÍAS

Estimadas familias:

As actividades que imos plantexar seguidamente, son propostas e polo tanto non vos sintades presionadas a facelas, xa que a prioridade que debemos ter nestes momentos, é a saúde e non saturar aos nenos e as nenas con demasiado traballo.

Dado que nas vindeiras datas non teremos clases presenciais, vos iremos compartindo diferentes recursos educativos vinculados cos temas que estamos a desenvolver en 1º de Educación Primaria e que os nenos e nenas poden traballar na casa, nestes días de estancia prolongada.
Grazas pola vosa colaboración!! 

Seguidamente vos compartimos algunhas suxestións xerais para as materias de 1ºE.P.:

- Lingua Castelá: Poden seguir os temas correspondentes do libro, dende o Tema 8 ata o Tema 9, sen problema, evitando os ditados xa que os faremos na clase. Se nalgunha parte teñen dificultades, pois que a deixen sen facer. 
De maneira xeral que lean a diario e, a ser posible, escriban textos que lles axuden a seguir o ritmo habitual. 

-Matemáticas: Igualmente poden traballar no libro, dende o Tema 8 ata o Tema 9 e se nalgunha parte teñen dificultades, pois que a deixen sen facer. Por outra banda, é convinte que fagan series de números ata o 70 e sumas e restas,  seguindo o que fomos facendo en clase. 


-Lingua, Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais, traballarémolas mediante recursos educativos que iremos compartindo.

No caso de actividades atrasadas por causa de ausencia escolar, poden tamén ir facéndoas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario