22.3.20

TI ES O NOSO SUPERHEROE E A NOSA SUPERHEROÍNA!!!



Ola a tod@s!: 
 Nestes tempos de ficar na casa, que vos parece se xogamos ás superheroínas e aos superheroes? É moi sinxelo! Fíxate nestes pasos:
1.- Debúxate sendo superheroína ou superheroe. Busca un nome xeitoso e pensa ben na roupa que levarás. Non esquezas a túa capa!
2.- Pensa e escribe cales son os teus poderes (podes pensar en cousas que axuden aos adultos cos que estás: poñer a mesa, recoller o cuarto, xogar sen molestar…)
3.- Colga o debuxo cos teus superpoderes no corredor, na porta da túa habitación ou mesmo na fiestra para que todo o mundo sepa da túa valía!!!

Os teus titores estamos estamos moi orgullosos de ti  e mandámoste unha forte aperta virtual!!!

Preme o vínculo

No hay comentarios:

Publicar un comentario