• Escoitar e comprender un conto de forma oral.
• Escribir con corrección os grupos consonánticos: br, bl, pr, pl, que xa traballamos en Lingua Castelá
• Ler pequenas frases e textos e responder axeitadamente ás preguntas de comprensión lectora.
• Facer, de forma oral ou escrita, unha descrición dun obxecto.
• Identificar algunhas aves e describir as súas características.
• Coñecer o proceso de incubación das aves.
• Coñecer e valorar algunhas normas sociais básicas de convivencia.
• Valorar o coidado do contorno como un ben común
Seguidamente compartimos a lectura do tema para practicar na casa, adicada a Xosé Neira Vilas e tamén uns vídeos de interese:
O Espantallo amigo
O tío Ramón ten unha figueira ao pé da casa. É a maior figueira da aldea. A que dá mellores figos. Pero o ano pasado deron con ela os merlos. Son paxaros moi teimosos. O tío Ramón, que é velliño e sábeas todas, unha mañá ollou para os merlos e dixo, abaneando a cabeza: —Xa está ben de tanto amolar. Acabouse a festa, ides ver. Dito e feito, colleu dous paus e atounos en forma de cruz. Aquel esqueleto, foino cubrindo de palla. Colleu un melón para a cabeza. Pero, antes de poñerlla fíxolle dous buratos para os ollos e un para a boca. No lugar de cada ollo colocoulle unha cereixa. E entre a palla do peito colocoulle un pexego. Despois vestiuno cunha chaqueta e cun pantalón remendado, unha pucha e calzouno cun par de zocos vellos. Así naceu o Espantallo. De lonxe, semellaba un home. Colleuno e púxoo na póla máis baixa da figueira. Os merlos fuxiron e o tío Ramón botou unha risada.
Xosé Neira Vilas, O Espantallo amigo. Ed. Galaxia
Finalmente vos aportamos as fichas do tema para traballar esta semana do 23 ata o 27 de marzo e non deixedes de ver os vídeos que vos van axudar a poder resolvelas correctamente.
Ánimo!!!!
Documental O Espantallo Amigo | Trailer from Maxina on Vimeo.
Seguidamente vos aportamos vídeos educativos sobre as aves e tamén para poder debuxar un paxariño, para rematar coa canción de Magin Blanco que podedes aprender para cando volvamos a clase.
No hay comentarios:
Publicar un comentario