TEMA 7
Seguimos o método globalizado en galego "Xuntos", para as materias de Lingua, Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais.
Os obxectivos desta unidade son:
• Escoitar e comprender un conto de forma oral
• Ler con fluidez e pronunciando correctamente palabras, frases e textos breves e responder axeitadamente ás preguntas de comprensión lectora.
• Escribir con corrección as consoantes e dígrafos que se estudan nesta unidade: ñ, h, nh, f, ll, ch
• Redactar breves textos descritivos de animais.
• Coñecer as principais características dos mamíferos.
• Diferenciar o modo de alimentación dalgúns animais
Seguidamente compartimos uns vídeos para identificar os puntos anteriores e fichas que podedes imprimir para traballar o tema. Tamén incluimos o conto "Ratón de Campo e Rato da Casa", que temos no Tema 8 de Lingua Castelá, e un conto sobre a relación coas mascotas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario