No Tema 9 de Matemáticas traballamos en clase os diferentes puntos que anotamos de seguido menos o reloxo, así que se xa rematáchedes o tema no libro, agora vos deixo unhas fichas para repasar os diferentes conceptos:
Os números do 60 ao 69.
• Valor de posición das cifras dun número.
• Operacións de suma e resta de números de dúas cifras.
• Repaso de conceptos de numeración: número maior e menor; anterior e posterior…
• Resolución de problemas elixindo os datos necesarios.
É importante que antes de facelas, miredes os vídeos para lembrar o que xa traballamos en clase.
As fichas son para esta semana do 25 ata o 27 de marzo e se non podedes facer as partes adicadas aos reloxos, pois non as fagades.
Ánimo e aproveitade este tempo que estamos na casa para traballar un pouquiño, que así tamén o tempo pasa o mellor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario