Hoxe vivimos unha experiencia fantástica participando xunto ao alumnado de 2°,3° e 4° de educación primaria, en Libera1m2, unha mobilización para liberar a nosa natureza do lixo, denominada Basuraleza e que puxemos en práctica coa recollida de residuos na praia da Magdalena en Cabanas.
A actividade converteuse nunha gran xornada de convivencia entre alumnado, mestres e mestras e familias, participando activamente para crear unha conciencia medio ambiental, que é un dos obxectivos que estamos a traballar dende Illa Fantasía no noso colexio.
Grazas familias pola vosa inestimable colaboración!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario