Os obxectivos que se pretenden nesta unidade son:
• Escoitar e comprender un conto de forma oral.
• Ler e escribir textos breves formados cos grupos consonánticos estudados e responder axeitadamente ás preguntas de comprensión lectora.
• Distinguir entre sílabas e palabras.
• Coñecer as características principais dos peixes e anfibios.
• Comprender a transformación do cágado en ra.
• Aprender a distribución da auga na Terra: mares e océanos.
• Identificar as características e estados da auga.
• Coñecer a importancia da auga para o uso e consumo diario
LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA:
A Maruxaina
Conta a lenda que… A Maruxaina é unha serea loura, metade peixe, metade muller… Vive nunha cova nas illas Farallóns, entre percebes e mexillóns.
Nos días de temporal toca o corno… uns din que para avisar os mariñeiros do perigo, outros din que é para enganalos e facelos naufragar…
En agosto celébrase unha festa na súa honra. Coas luces da vila apagadas, os homes van ao mar buscar a Maruxaina, facendo soar cornos e bucinas para non escoitar o canto da serea.
Lenda popular galega
Podes ver máis en "Galicia Espallada" https://galicia.swred.com/lendas_sreas_marinha.htm
COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ESCRITA:
DITADOS:
1-Na fraga vai frío. As framboesas están no frigorífico. Flavia recolle as flores no parque. Non me gusta moito o flan. É falso que Alfredo estea enfermo.
2- A miña madriña tróuxome un edredón. Ao dragón gustáballe o azucre. Meu padriño di que non paro de medrar. Viches o trasno que chegou no tren? Merquei un traxe e tres garabatas.
VÍDEOS:COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ESCRITA:
DITADOS:
1-Na fraga vai frío. As framboesas están no frigorífico. Flavia recolle as flores no parque. Non me gusta moito o flan. É falso que Alfredo estea enfermo.
2- A miña madriña tróuxome un edredón. Ao dragón gustáballe o azucre. Meu padriño di que non paro de medrar. Viches o trasno que chegou no tren? Merquei un traxe e tres garabatas.
FICHAS:
(Para imprimir)
No hay comentarios:
Publicar un comentario