9.3.20
REIVINDICANDO A ROSALÍA: "LIEDERS"
A celebración do Día de Rosalía deste ano, fíxose no colexio reivindicando a unha Rosalía feminista, como parte do PDI "Igualdade", que traballamos de maneira transversal en todas as materias, por iso o Equipo de Dinamización da Lingua Galega seleccionou: "Lieders", un artigo escrito por Rosalía, aos 20 anos de idade, e que foi publicado por primeira vez en: "El Álbum de El Miño", en Vigo en 1858. Este texto, está considerado o primeiro manifesto feminista publicado en Galicia, coma unha declaración de liberdade.
A selección do título, "Lieders", vincula á nosa escritora coas obra dos románticos alemáns, especialmente de Heine, o que nos indica a formación literaria da nosa autora máis internacional.
En Educación Infantil e de Educación Primaria, traballamos uns parágrafos da obra que escenificamos usando a técnica de "O Mannequin Challenge" que consiste en gravar un vídeo dunhas escenas xeadas, igual que os manequíns, de aí o seu nome. Esperamos que vos guste!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario