Lembrade mandar unha ou dúas fotos ao noso correo:
primeirociclocouceiro@gmail.com
Lucía danos unha mensaxe de ánimo, nestes momentos tan difíciles, dende a súa casa. Biquiños Luci.
Inés anda a traballar moito na casa, pero a noticia de última hora, é que lle caeu outro dente e que o ratiño Pérez portouse ben!! Que sorte !!! Un biquiño Inés.
Fantástico David vestido de "superheroe" e cunha mensaxe auténtica" #No Couceiro quedámonos na casa" Ánimo a tod@s e seguide este consello que nos da David, ao que lle mandamos moitos biquiños.
Aquí temos a Leo e a súa irmá, gozando dun espazo aberto que teñen na casa e facendo deporte coas súas bicis. Que sorte!! Moitos biquiños para os dous!!
Si xa é unha sorte ter un irmán ou unha irmá, compartir un pasatempo é o máximo. Iso pasa con María que fai doces co seu irmán Santi e ben preparados cos traxes de cociña. Tamén aproveita estes días para practicar o violín. Fantástica idea!! Un biquiño para os dous e gozade de poder compartir xuntos!!
Thiago está moi contento e feliz. Unha forma de pasar tamén o tempo é construíndo puzzles e facendo construccións. Moito ánimo e un biquiño.
Aquí Clara o está pasando moi ben. Na primeira foto na finca da súa casa tomando sol e na segunda cos seus curmáns preparando uns doces que estarán riquísimos. Moito ánimo e esperemos que isto remate pronto para poder vernos todos. Moitos biquiños!!
Joel e a súa preciosa irmá pequena, amosan unha mensaxe de ánimo: "Todo vai sair moi ben". É importante axudar aos máis pequenos e pequenas da casa e Joel faino fenomenal!! Moitos bicos para os dous.
Que fotos máis simpáticas manda Clara Piñeiro! Unha lembrando aos compañeiros e compañeiras de clase e outra co seu traxe de superheroína. Moi ben Clara, xa vexo que tes ganas de volver a clase, pois non te preocupes que pronto estaremos xunt@s. Moitos bicos!!!
Clara Leira manda unhas fotos na súa casa facendo un doce que ten moi boa pinta. Xa vemos que triunfan as actividades de preparación culinarias.
Lembrades que dixemos de facer un concurso de talentos? Pois xa vemos que hai moit@s "chefs". Á volta ide pensando nunha receita para compartir. Moitos Bicos Clara!!
Antón está auténtico nestas fotos!! Primeiro axudando na casa e despois relaxándose para estar en forma. Encántanme as túas fotos Antón, porque é importante colaborar e ser solidario coa familia. Moitos bicos raparigo!!!
Que ricas galletas Martiño!! Cando volvamos ao cole, esperamos que nos invites. Biquiños grandes!!
Que ben Ainhoa!!! Está facendo os seus exercicios de ioga para relaxarse. Tamén é importante manterse en forma nestes días. Unhas fotos xeniales. Un biquiño.Nicolás na foto de arriba, facendo deporte, está preparando unha saída en atletismo. Ánimo, campeón, estás xenial!!!. Na de abaixo cun dos superhéroes que lle gustan tanto. Biquiños.
Que ben están Xiana e o seu irmán preparando o biscoito e despois celebrando o aniversario del. Parabéns polo cumpleanos. Un biquiño para os dous.
No hay comentarios:
Publicar un comentario