8.3.20

CELEBRANDO O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER CON ROSALÍA DE CASTRO




O 6 de marzo celebramos no colexio o Día de Rosalía, dentro do mes adicado á nosa escritora, reivindicando os seus textos adicados a destacar a liberdade da muller como artista e como persoa. 
En 1º preparamos uns parágrafos onde Rosalía amosa a súa parte feminista e reivindicativa. Foi unha experiencia moi interesante que aproveitamos para traballar o Día Internacional da Muller a través dunha figura única da nosa cultura que, non só representa a apertura da nosa literatura ao campo internacional, senón a presenza da muller galega do século IX, nun entorno fóra da casa e nun ámbito intelectual.

No hay comentarios:

Publicar un comentario