23.3.20
TEMA 8 DE LINGUA CASTELÁ: FICHAS DE REPASO E VÍDEOS EDUCATIVOS
O Tema 8 de Lingua Castelá, está adicado aos pobos e as cidades e con el concluímos a presentación de letras e grupos consonánticos. Ao finalizar o mesmo, os alumnos e as alumnas deberán ser capaces de identificar e ler todas as letras e sílabas, o cal favorecerá a súa autonomía para a lectura. Igualmente nel xa puidemos traballar:
• Lectura e escritura de palabras, oracións e textos coas letras e as sílabas xa coñecidas.
• Comprensión do sentido xeral dun texto oral.
• Presentación e traballo dos grupos consonánticos: cr, cl, gr, gl.
• Adquisición e ampliación do vocabulario sobre os pobos e as cidades
• Identificación e formación de palabras derivadas.
• Identificación do número de sílabas que forman cada palabra.
• Separación das palabras en sílabas.
• Descrición de obxectos
Agora vamos facer o repaso do tema mediante as fichas que vos engadimos nesta entrada e que podedes facer esta semana do 23 ao 27 de marzo
O importante é que non deixedes de ler e de escribir amodiño, lembrando todo o aprendido en clase. Collede ben o lapis e lede coa entoación adecuada diante dalgún adult@ que estea con vos na casa, ou cos irmáns ou irmás maiores.
Tamén podedes ver o vídeo: " Ratón de Campo y Ratón de Ciudad" en castelán, e que xa víramos no Tema 7 de Lingua en galego, e facer un ditado mediante un vídeo que tedes de seguido.
Para rematar uns vídeos educativos sobre a diferencia entre as cidades e os pobos e aldeas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario