22.9.17

PINOCHO. TEATRO NA CASA DA CULTURA




Rematamos esta semana tan intensa, participando na obra PINOCHO na Casa da Cultura. 
Pasámolo moi ben, sobre todo porque compartimos con tod@s @s compañeir@s de 1º e vivimos o conto por medio de debuxos que nos gustaron moito. Encántanos o teatro!!!!




18.9.17

COMEZAMOS O NOVO CURSO 2017-2018

Ola amigas e amigos!!!
 Abrimos esta porta do noso blogue, desexando compartir experiencias e contar aquelas cousas que nos unen, que nos fan solidarios e tolerantes,  por iso é que queremos comezar o novo curso 2017-2018, con dúas historias que esperamos vos gusten moito: "A Pota que Trota" e "Os Sneetches" Non deixedes de seguirnos. Ata pronto!!!