22.6.22

FIN DE CURSO 2021-2022

Pechamos este curso cheo de acontecementos, novidades e moito traballo, coa ledicia de ver a nenos e nenas contentos e contentas polos seus logros e por tantas vivencias.

 O máis importante desta etapa da súa vida, é aprender esas habilidades sociais que tanto utilizarán agora e sempre. Valores como a solidariedade, o compañeirismo, a tolerancia e a comprensión, son o camiño que mestras/es e familia, debemos amosarlles para que aprendan que non hai que deixar a ninguén atrás. Cada quen con seu ritmo, tal vez cunhas dificultades en determinadas materias, pero nunca atrás.

Aprender a ler, é un dos acontecementos máis importantes da nosa vida, porque nos abre a porta do coñecemento, e en este curso xa todos e todas iniciaron ese proceso que irán afianzando en 2º, mellorando a comprensión lectora. É bo continuar coa lectura cada día, para non esquecer o aprendido.

Aquí vos deixamos unhas fotos da visita do alumnado de infantil que o curso próximo pasará a primeiro  e que estaban tan temorosos e temorosas, como se foran a universidade. Iso fixo que os de 1º se sentiran moito máis maiores.


Tamén participamos na graduación de 6º, moi emotiva, e que nos produzo unha pouca de tristura por ver marchar a nenos e nenas do noso cole, algúns irmáns, curmáns.... que xa seguirán outra etapa da súa vida.


E chegou o momento da despedida, e inda que nos vamos, é so un "Ata Logo", desexándovos unhas boas vacacións.










20.6.22

SAÍDA Á PRAIA DE CABANAS: V ENCONTRO DE CASTELOS DE AREA

Con moita ledicia, saímos en dirección á praia de Cabanas, para gozar dun encontro escolar facendo castelos de area. Este traballo en colaboración cos catro grupos que se formaron entre 1ºA e 1ºB, deixou unhas torres, aldeas e murallas moi bonitas que aquí quedan plasmadas.

A iniciativa de traballar en equipo, vense realizando dende hai cinco anos coa participación de todo o colexio.                    













13.6.22

PDI: 1º E 2º ADICAN O SEU PROXECTO ANUAL AO PINTOR "LEANDRO LAMAS"

Leandro Lamas Ermida, nado en Narón o 14 de xaneiro de 1973, é un pintor, ilustrador, actor e director teatral galego. A súa primeira exposición tivo lugar en Ferrol no ano 1998 e desde entón expuxo en varias cidades de España e Portugal.
 O seu estilo é naïf e caracterízase polo emprego da cor que tanto traballaron os nenos e nenas durante todo o curso, copiando algúns dos seus cadros e utilizando técnicas como o puntillismo entre outras, para colorear as súas láminas.
 En 1ºB fixemos un traballo adicado á súa labor de ilustrador de libros de poesía como o "Xardín de Irene" e "Canta o Cuco", adicado a Manuel María. En 1ºA ilustraron unha poesía de Anisia Miranda e traballaron outra de Miguel Anxo Romero, ambas ilustradas por Leandro.
 Con entusiasmo e esforzo, todos e todas foron consolidando unha obra paralela a do artista, que emocionou a Leandro Lamas cando visitou a exposición de todos os traballos. 
 Tivemos sorte de que nos visitara e dera unha clase de debuxo a 1º e 2º, que deixou marabillado ao alumnado e as profes que participamos. Para rematar, saudou a equipa de dirección e entregámoslle un agasallo pola súa proximidade e valoración dos traballos das nosas nenas e nenos. 
Grazas Leandro!!!!