Mostrando entradas con la etiqueta Día de Rosalía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día de Rosalía. Mostrar todas las entradas

9.3.20

REIVINDICANDO A ROSALÍA: "LIEDERS"



A celebración do Día de Rosalía deste ano, fíxose no colexio reivindicando a unha Rosalía feminista, como parte do PDI "Igualdade", que traballamos de maneira transversal en todas as materias, por iso o Equipo de Dinamización da Lingua Galega seleccionou: "Lieders", un artigo escrito por Rosalía,  aos 20 anos de idade, e que foi publicado por primeira vez en: "El Álbum de El Miño", en Vigo en 1858. Este texto, está considerado o primeiro manifesto feminista publicado en Galicia, coma unha declaración de liberdade.
 A selección do título, "Lieders", vincula á nosa escritora coas obra dos románticos alemáns, especialmente de Heine, o que nos indica a formación literaria da nosa autora máis internacional.
En Educación Infantil e de Educación Primaria, traballamos uns parágrafos da obra que escenificamos usando a técnica de "O Mannequin Challenge" que consiste en gravar un vídeo  dunhas escenas xeadas, igual que os manequíns, de aí o seu nome. Esperamos que vos guste!!!

8.3.20

CELEBRANDO O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER CON ROSALÍA DE CASTRO




O 6 de marzo celebramos no colexio o Día de Rosalía, dentro do mes adicado á nosa escritora, reivindicando os seus textos adicados a destacar a liberdade da muller como artista e como persoa. 
En 1º preparamos uns parágrafos onde Rosalía amosa a súa parte feminista e reivindicativa. Foi unha experiencia moi interesante que aproveitamos para traballar o Día Internacional da Muller a través dunha figura única da nosa cultura que, non só representa a apertura da nosa literatura ao campo internacional, senón a presenza da muller galega do século IX, nun entorno fóra da casa e nun ámbito intelectual.

22.2.19

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2019


Aquí vos compartimos a actividade organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso colexio, que realizamos este curso para o Día de Rosalía e no que participou todo o alumnado, o profesorado e o persoal do noso centro escolar.
"EU SON ROSALÍA" forma parte do Proxecto de Dinamización Plurianual: "O Galego nas Nosas Mans", que este ano unimos co PDI do colexio: Bo Proveito!!!
As poesías seleccionadas de Rosalía, están vinculadas á comida e a fame e participaron desde 4º de Educación de Infantil ata 6º de Educación Primaria.
@s de 2º nos esforzamos moito e fixemos os versos seleccionados con moito entusiasmo e esforzo.
Parabéns a todas e todos polos vosos traballos!!!!









Preme na imaxe (Día de Rosalía 2019. A Casqueira)




24.2.18

24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA

https://normalizacioncouceiro.blogspot.com.es/2018/02/celebrando-o-dia-de-rosalia.html
Preme na imaxe

 Hoxe 24 de febreiro, é o Día de Rosalía, nunha xornada na que se cumpre o 181 aniversario do seu nacemento. 
No Blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, publícase unha entrada sobre este importante acontecemento para toda Galicia . Podedes velo premendo na imaxe. 
Feliz Día de Rosalía!!!