21.6.21

REMATAMOS 2º DE PRIMARIA

Despois dun longo curso no que os nenos e nenas se esforzaron máis ca nunca, podemos dicir que todo o alumnado superou con éxito o curso!

Traballaron arreo desde o comezo tratando de mellorar día a día, adquirindo novos coñecementos e descubrindo novos contidos

Pero sen embargo, este ano a felicitación debe ser dobre, debido a que superaron dificultades que complicaron todo o proceso: aprendizaxe virtual, distanciamento co resto de compañeiros, uso da mascarilla… 

Por todo iso, dámoslles parabéns a todos eles e animámolos a que gozen ao máximo deste verán.

Boas vacacións!!!




10.6.21

SAÍDA A PRAIA DA MAGDALENA

 Como cada ano nestas datas, o alumnado do Couceiro fixo unha saída ás praias próximas ao colexio para pasar unha mañá xuntos construíndo castelos de area. 

Ataviados con cubos, anciños e palas deron o mellor de si mesmos para crear castelos e outras edificacións moi logradas.

Cada un dos grupos planificou como ía ser a súa construción: castelos, torres, pontes, murallas, fosos… e decoráronas con cunchas, algas, paus de madeira, bandeiras ou mesmo con guerreiros que se encargaban de defender a fortaleza.

Nesta ocasión, por mor da pandemia, non se puido facer ningún concurso, sen embargo, iso non impediu que os nenos e nenas gozaran dun día na praia traballando en equipo.

A continuación, amósanse as imaxes de como foi a xornada.