28.12.21

21.12.21

OLIVIA GANADORA DO CONCURSO "ALMANAQUE DE PETO 2021-2022" DE 1ºB

 Como cada ano, o equipo de dinamización do colexio, elixiu unha ilustración de cada nivel para os almanaques de peto. Nesta ocasión, en 1ºB traballamos catro cadros do pintor galego Leandro Lamas, seguindo a parte de ARTE do noso PDI, e a gañadora foi Olivia Ruíz Pérez, de 6 anos de idade, que traballou esta muller embarazada, seguindo o orixinal, cun grande acerto e un enfoque artístico marabilloso. 

Parabéns Olivia!!! Merecido homenaxe o que te fixeron os teus compañeiros e compañeiras por este éxito.

 Con todos os debuxos do resto da clase que fixemos de diferentes obras de Leandro Lamas, faremos un libro de aula. 

Aquí vos deixamos tamén os dos outros tres finalistas: Álvaro Veiga Vila, Xan Viñas Vilar e Adriana Marta Casal. Parabéns!!!

                                                  








19.12.21

BO NADAL E FELIZ ANO NOVO 2021-2022 VOS DESEXA 1ºB DE PRIMARIA

Como cada curso celebramos o Nadal, do xeito que nos permiten as circunstancias, pero sempre co mesmo espírito de destacar a solidariedade entre nós e cos demais. Neste ocasión puxemos a árbore na nosa aula e decoramos cos traballos que fixemos a entrada da clase. Tamén participamos no vídeo coa panxoliña "As Luces do Nadal", que tanto preparamos estes días e aproveitamos para facer unhas fotos que nos axudarán a lembrar estes momentos tan importantes de compañeirismo e ledicia. 
PAZ E AMOR!!! e BO NADAL!!! vos desexamos o profesorado e as nenas e nenos de 1ºB.




 

14.12.21

OS MANDADIÑOS DO NADAL 2021

 Estimadas familias: Este ano unha das actividades que faremos para celebrar o Nadal será a realización duns mandadiños dende o mércores 15 ata o luns 20 de decembro, ambos inclusive. Son voluntarios e acumulativos, de modo que o luns día 20 o alumnado poida vir cos catro mandadiños xuntos á escola. Adiantamos os mandadiños para que as familias vos poidades organizar, pero lembrade que a idea é que sexa unha sorpresa para o alumnado polo que vos pedimos que nos axudedes a gardar o segredo. Os mandadiños serán os seguintes: O mércores algo de Nadal na cabeza (gorro, diadema, adornos,...). O xoves unha grilanda ou espumillón. O venres algo navideño pintado na zona da cara que non quede oculto pola máscara, ou unha máscara con motivos navideños. O luns un calcetín de cada cor que se vexa ben (por exemplo por enriba do pantalón). Grazas pola vosa colaboración.








12.12.21

INTERPRETANDO O NADAL 2021!!!!

Estimadas familias, xa estamos a piques de facer as gravacións coas que animaremos o Nadal, dado que polo protocolo COVID non podemos reunirnos como en cursos anteriores nun festival, pero todo o colexio participaremos nun vídeo, mediante a técnica LIPDUB, interpretando diferentes cancións, seleccionadas previamente. 1ºA e 1ºB, interpretaremos parte da panxoliña de Magin Blanco/María Faltri/Jorge Juncal e Pablo Vidal, AS LUCES DO NADAL, cuxo vídeo vos compartimos seguidamente. Inda que levaremos as máscaras, nenas e nenas estarán interpretando, xunto a gravación musical, este tema tan bonito, que fala do Nadal e do que sentimos e vivimos nestas datas tan destacadas. A letra aparece no mesmo vídeo, para que a vaian practicando, pois a gravación é este vindeiro xoves 16 de decembro.
Respecto á indumentaria, os dous primeiros levaremos bufandas, luvas e gorros e para unificar as cores, vos pedimos que todos traian para o xoves, pantalóns vaqueiros, ou algo similar, en cor azul, xersei branco, ou similar en cores claros . As bufandas poden ser variadas, pero tratade de que vaian a xogo co gorro e as luvas, se é posible. De todos xeitos, se non tedes algún dos complementos que vos suxerimos, non vos preocupedes. Se trata de colaborar para que o vídeo saia da mellor maneira. Grazas pola vosa colaboración!!!