28.10.21

CHEGA O SAMAÍN!!!!! VENRES 29 DE OUTUBRO 2021

  Mañá venres, 29 de outubro, festexaremos o Samaín e, como outros anos, faremos no cole unha exposición de cabazas.

Os nenos e nenas poderán traelas (de maneira VOLUNTARIA ), xa talladas e decoradas da casa.

Dada a situación sanitaria, e para favorecer as entradas, deberán ser cabazas pequenas que poidan ser transportadas facilmente polo propio alumnado.

Por mor da chuvia, as cabazas serán colocadas no corredor principal do colexio polo nenos e nenas, coa axuda do profesorado de garda.  O alumnado que chega en autobús, deberá traela nunha bolsa para favorecer o seu transporte e ao entrar no colexio se lles indicará onde deben poñer as súas cabazas. 

Ademais, se queredes, os nenos e nenas poderán vir disfrazados da casa, pero sen complementos que dificulten a desinfección de mans nas entradas e saídas.  

Tamén realizaremos a "lectura ás escuras" polo que o alumnado poderá traer unha lanterna de casa, identificada co seu nome. 

Moitas grazas pola vosa colaboración. 



24.10.21

VOTACIÓN DE 1ºB PARA ELIXIR O PROXECTO DO CURSO 2021-2022

Por fin fixemos a votación e foi toda unha experiencia!!! Levamos o carné da biblioteca para identificarnos e puxemos a papeleta na urna. Houbo nerviosismo, emoción, pero quedamos satisfeitos e satisfeitas de colaborar con este exercicio de participación democrática para elixir o proxecto no que imos traballar todo o curso. Aquí vos compartimos as fotos.























 

20.10.21

VISITA DE 1ºB Á EXPOSICIÓN DE LIBROS DO PDI 2021-2022

 En 1ºB visitamos hoxe a exposición de libros para valorar os tres temas que serán votados o vindeiro 22 de outubro e identificar o Proxecto Documental Integrado ( PDI) do 2021-2022, que, por primeira vez, será elixido polo alumnado e profesorado do colexio. 

Gustounos moito ver os libros seleccionados polo equipo de biblioteca para: "Somos Artistas", "O Camiño de Santiago" e "Cinema e Televisión". Xa temos preparadas as nosas papeletas!!!











17.10.21

FICHAS DE MATEMÁTICAS DOS TEMAS 1/2: CÁLCULO MENTAL E SOLUCIÓN DE PROBLEMAS

As seguintes fichas de matemáticas, corresponden aos temas 1 e 2 e están orientadas para practicar as sumas mediante cálculo mental e a solución de problemas sinxelos. Podedes imprimilas e facelas cos nenos e nenas na casa, reforzando o que estamos a traballar no colexio.  As fichas son de Anaya e están incluídas no método que seguimos de "Peza a Peza".

 

6.10.21

CALENDARIO ESCOLAR 2021-2022

 Aquí vos deixamos o Calendario Escolar publicado pola Consellería de Cultura Educación e Universidade, onde podedes consultar os días non lectivos do curso 2021-2022, así como a lenda, onde se detalla a que corresponde cada día, na páxina 2 da publicación. Igualmente o tedes dispoñible na columna da esquerda do blog.

 

2.10.21

APRENDENDO A ESCRIBIR: FICHAS DE GRAFOMOTRICIDADE

Comezamos esta nova etapa do blog, compartindo fichas de ORIENTACIÓN ANDUJAR, onde podedes atopar recursos educativos gratuítos. Premede o nome e xa vos sae a páxina. 
Estas fichas que vos compartimos, que están especialmente seleccionadas para practicar a grafomotricidade, teñen como obxectivo potenciar o desenvolvemento psicomotor das nenas e nenos a través de diferentes actividades. Neste caso son unha preparación para o posterior aprendizaxe da escritura. Podedes imprimilas e traballalas na casa. 

 Grafomotricidad de Animales: Traza y colorea  
Mi Llavero de Grafomotricidad Repaso del Abecedario en Minúsculas