Mostrando entradas con la etiqueta Revista Abrente. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Revista Abrente. Mostrar todas las entradas

23.6.19

REVISTA DIXITAL ABRENTE EDLG Nº 39 2019

Rematamos o mes de xuño coa edición de Abrente nº39 do EDLG, na súa versión dixital, cun contido extenso. 
 "Almanaques de Peto" e as "Letras Galegas", son algúns dos grandes temas que tratamos neste número da revista que presenta un novo formato, destacando o traballo do alumnado e profesorado ao longo de todo o curso escolar 2018-2019. 
Abrente convírtese así nun lugar común de todas e todos, poñendo foco aos nenos e nenas de todos os niveis de infantil e primaria, para que teñan o seu espazo e brillen por igual, como é no caso do PDI sobre a Alimentación Saudable:"Bo Proveito!"  e en “Eu son Rosalía” que celebramos o "Día de Rosalía", onde a participación masiva de todo o colexio, profesorado e persoal non docente, é un modelo de integración do gran equipo que conforma o noso centro escolar.
 Proxectos innovadores como LÓVA , "O sistema Solar" e "Illa Fantasía", aparecen como parte deste novo número.
"Lemos aos máis pequenos e pequenas", "Madriñas e Padriños lectores", "Día da Paz", "Día da Poesía e do Teatro", o "Certame anual de Poesía Couceiro Freijomil", que este ano cumpre a súa XI edición, e o "Álbum Bilingüe" , axudan a favorecer que a nosa lingua se incorpore á vida cotiá do alumnado.
Finalmente comentar que Abrente forma parte do gran proxecto do EDLG O GALEGO NAS NOSAS MANS, no que participan, directa ou indirectamente, os 350 alumnos e alumnas  o profesorado, persoal non docente, familias e público en xeral, buscando como finalidade básica, conquistar unha “real” e “efectiva” competencia lingüística no idioma galego no noso centro.
O GALEGO NAS NOSAS MANS pretende ser un proxecto transformador que traslade o noso labor de dinamización dun xeito transversal, animando a todos e todas a levar a cabo os seus proxectos e actividades en galego. Tamén aspira a ser un proxecto inclusivo cunha clara aposta pola igualdade paritaria en tódalas actividades, fortalecendo a representación equivalente de nenos e nenas.

Preme na revista e amplia as páxinas na esquina superior dereita, para ver o seu contido. Tamén podes descargala ou imprimila.

 

22.5.18

REVISTA ABRENTE Nº 38 2018: " X CERTAME DE POESÍA COUCEIRO FREIJOMIL"

A nosa Revista Escolar ABRENTE nesta edición do nº 38 do 2018, comeza unha nova andadura na súa versión dixital que pretende chegar a toda a comunidade escolar a través do Blog A Casqueira, a Web do centro, do blog da Biblioteca e o resto dos blogs de aula do noso colexio. A versión en papel pode consultarse na Biblioteca do centro e a Biblioteca Municipal.

 


                                          Preme na imaxe