Mostrando entradas con la etiqueta Día do Peón. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día do Peón. Mostrar todas las entradas

12.11.22

FOTOS DE 2ºB DO DÍA DO MAGOSTO E DO PEÓN 2022

 Aquí vos deixo as fotos do Día do Magosto, onde estivemos coas compañeiras e compañeiros de 2ºA comendo as castañas asadas e bailando. Foi un momento moi divertido que puidemos gozar co bo tempo. Despois chegou o máis esperado, pois tras escoitar o "Manifesto", nenos e nenas xogaron cos peóns e participaron cas familias dun encontro fantástico.

Tamén podedes ver a nosa participación na exposición dos peóns, decorados cos animais de diferentes países centroamericanos. Igualmente dispoñedes dun vídeo, onde podedes gozar de diferentes instantáneas de todo o evento.

 A seguir practicando para non esquecer este xogo tan popular, que permite traballar en equipo e fortalecer a amizade.




















            

9.11.22

DÍA DO PEÓN E DO MAGOSTO 2022

Estimadas familias:

Despois de anos volvemos todos e todas a celebrar o "Día do Peón", que terá lugar o vindeiro venres 11 de novembro de 13:00 h a 13:30 h. Para participar no evento, podedes entrar pola porta principal e ir ao patio para gozar do baile dos peóns. Ese mesmo día, e de maneira interna, celebraremos tamén o "Magosto", para iso necesitamos que os nenos e nenas traian mañá xoves 10 de novembro, unha presa de castañas cortadas para asar. 

PORTA-CASTAÑAS PARA 2ºB:

Por outra banda pedimos a vosa colaboración enviando un porta-castañas, feito cun brick de leite, que leve unha fita para colgalo do colo e sexa máis doado que vaian comendo as castañas e botando as cascas sen problema. Aquí vos deixo unhas instruccións para facelo en familia.

Grazas pola vosa colaboración!!!









      




11.11.21

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO E DÍA DO PEÓN 2021 - 1ºB

Hoxe pasamos un día fantástico celebrando o Magosto con castañas quentiñas e ricas que comemos no patio co sol morno que sempre trae o San Martiño. Tamén xogamos ao peón poñendo moito empeño. Mirade as fotos e o vídeo.
Tamén vimos os contos: " A Castaña Caterina" e "A Castaña que rebentou de risa" e fixemos debuxos  marabillosos. Foi un día completo!!!