31.5.20

ACTIVIDADES SEMANA DO 1 ATA O 5 DE XUÑO

Estimadas Familias:

Seguidamente anotamos as actividades programadas para a semana do 1 ata o 5 de xuño.

En Matemáticas faremos un repaso do Tema 11, reforzando conceptos anteriores como as decenas e unidades e as sumas e restas.

En Lingua Castelá e en LinguaCiencias Socias e Ciencias da Natureza, cotinuaremos ca 2ª parte do tema 11.

Traballando Valores en tempo de confinamento, inicia a 1ª parte de: “Habilidades Sociais.” 

 E en Plástica traballaremos "A Primavera"mediante paisaxes e froitas.

As actividades das especialidades: Educación Física, Inglés, Francés, Música e Relixión, están dispoñibles na cabeceira do blog.

 Para acceder a todo o material publicado anteriormente durante o confinamento, premede CORONAVIRUS na cabeceira do blog.

Agradecemos mandedes ao correo, unha selección do traballo realizado dende o 22 de abril ata o 4 de xuño, das materias de matemáticas, lingua castelá, e "xuntos"(lingua galega, ciencias sociais e ciencias da natureza). 

Se tendes escáner, facédeo dese xeito, e senón mediante fotos dos libros, fichas e cadernos. 

Igualmente, se podedes, mandade un breve vídeo dos nenos e nenas, lendo o texto do tema 11 de Lingua Castelá: "El cocodrilo Roberto" (páxina 166), para valorar os seus avances.  

 Calquera dúbida ou comentario, podedes escribirnos por Abalar Móbil, ou aos nosos correos:

1ºA:   primeirocicloa@gmail.com 
                                           
1ºB:  primeirociclob@gmail.com 

Saúdos e moito ánimo!!

TEMA 11 DE MATEMÁTICAS: REPASO


Esta semana continuaremos co Tema 11 pero sen o libro. Faremos o repaso de series numéricas, decenas e unidades e sumas e restas sen levar, mediante fichas.

LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA:
Nesta ocasión vamos ler un conto: "La pequeña oruga glotona" que vai contando todo o que comía. 
Despois practica ti con series numéricas e conta como facía a eiruga.

https://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/PRIMERO/datos/02_Mates/03_Recursos/03_t/actividades/numeros/01.htm


COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ESCRITA:
Nesta parte do tema faremos un repaso de temas dados anteriormente mediante as seguintes fichas:

 Fichas:
Lembra que si non dispós de impresora, podes copialas no caderno ou facelas oralmente.




EXPRESIÓN ORAL:
Traballa os seguintes exercicios oralmente:

1-.Problema:

Responder:
– Tienes 15 € ¿puedes comprar dos muñecas de 9 € cada una? ¿Cuánto te falta?
– Tienes 18 € ¿puedes comprar dos camisetas de 9 euros cada una? ¿Cuánto te falta?
– Tienes 20 € ¿puedes comprar un pantalón de 18 €?¿Cuánto te sobra?

2-.Completar oralmente, según corresponda:






3-.Completar oralmente los números de la serie:

TEMA 11 DE LINGUA CASTELÁ: 2º PARTE

Nesta semana traballaremos os signos de interrogación ( ¿? ) e de admiración (¡ !), que xa víramos en clase.

LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA:
Le esta poesía de Gloria Fuertes e comenta de que se trata
La tortuga presumida – Gloria Fuertes | En Clave de Niños
 «La tortuga presumida»

Iba una tortuga por la capital,
iba despistada con tanto autocar.
Buscaba una tienda, quería comprar
un sombrero nuevo y medias, un par.
Se compró un sombrero con cintas de seda
y muy elegante salió de la tienda.
Pasaban diez coches, cuatro furgonetas,
pasaba un camión y tres bicicletas.
Nuestra tortuguita guardó su cabeza
y cuando de nuevo su cara asomó,
¡pobre sombrerito!, se lo atropelló
un camión muy grande de color marrón.
La tortuga dijo: ¡qué fatalidad!
Yo me voy al campo, ¡qué asco de ciudad!

Gloria Fuertes

1-.Agora responde ás seguintes preguntas:

  • ¿Dónde estaba la tortuga?
  • ¿Qué buscaba la tortuga?
  • ¿Qué compró la tortuga?
  • ¿Qué le sucedió?
  • ¿Se divirtió?
2-. Para rematar fai un debuxo da tartaruga presumida que tes ao principio do poema.

COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ESCRITA:
Faremos "Taller de escritura"nas páxinas 172 e 173 e "Escribo bien" nas páxinas 174 e 175.


Mira con atención o seguinte vídeo de Jesús Chacón Chaparro "Lengua Castellana. 1º Primaria : Signos de interrogación y exclamación"
Ditados: 
Facede os ditados no libro

1-.Actividade 4 da páxina 173
La tortuga más pequeña se llama Manchada. Es muy rara y enana. Vive en África.
2-.Actividade 5 da páxina 175
¿Dónde están las llaves de casa?
¡En casa de los abuelos!
¿Allí? ¿Las olvidaste esta tarde?
¡Sí! Mañana iré a por ellas.

EXPRESIÓN ORAL:
Resolve oralmente estes exercicios:

1-Haz una oración con signos de interrogación y otra con signos de admiración para cada una de las siguientes situaciones:
– Quieres saber dónde está una calle.
– Tu clase ha ganado un concurso.
– Acabas de perder las llaves.

2-. Juego del «Veo-veo», con objetos de casa. Después, deberás decir una característica de cada uno (ventana grande, puerta marrón…).

VÍDEOS:

  • No seguinte vídeo "Los signos de puntuación: Las oraciones interrogativas y exclamativas"de Happy Learning Español, podedes seguir ampliando os coñecementos deste tema.

 

  • Verás que fácil é aprender os signos con esta canción: "Canción signos de interrogación y exclamación" del profe Paco Gutiérrez

TEMA 11 DE "XUNTOS" (LINGUA, CIENCIAS DA NATUREZA E CIENCIAS SOCIAIS): 2ª PARTE

LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA
Lectura do conto: "A pega e o lobo". 

Na fraga do Vicaño, Na pola máis alta do grande carballo tiñan o seu niño unha pega e as sete peguiñas. Alí vivían felices ata que un día chegou un lobo grande coma un mundo e máis malo có demo. E como o lobo cheirara as peguiñas, achegouse onda o carballo e berrou con todas as forzas:
-Peguiña deste pegal, dásme unha peguiña?, dás?
-Non che darei non, que as miñas peguiñas miñas son.
-Escarrapíchate meu rabo e tira con este carballo!!!
Así ouveou o malvado lobo mentres abaneaba a árbore con toda a súa forza, ata que a pega moi asustada botoulle unha peguiña que o lobo papou dun bocado antes de que caera ao chan e logo marchou para a súa cova.
Pero ao día seguinte o conto volveuse a repetir.
-Peguiña deste pegal, dásme unha peguiña?, dás?
-Non che darei non, que as miñas peguiñas, miñas son.
-Escarrapíchate meu rabo e tira con este carballo!!!
E así cada día ata que no niño só quedaba unha peguiña.
Pero naquela ocasión cando o lobo volveu a fraga, de detrás do carballo saíu o leñador que o estaba agardando cun caxato na man e que bateu no lombo e no bandullo do animal ata que saíron para fora as peguiñas que marcharon voando para o seu niño, e o lobo doente liscou a todo correr e nunca máis voltou polo Vicaño.

-Vocabulario:
  • Pega: urraca (pájaro).
  • Fraga: Monte con moita vexetación.
  • Carballo: roble (árbol).
  • Niño: nido.
  • Demo: demonio.
  • Cheirara: había olido.
  • Achegouse: se acercó.
  • Ouveou: aulló.
  • Papou: comió.
  • Caxato: bastón
  • Lombo: espalda.
  • Bandullo: barriga.
  • Liscou: marchó.
1.- Responde oralmente as seguintes preguntas.
-Como se chama a árbore onde ten o niño a pega?
-Como era o lobo?
-Como se chama a fraga?
-Quen saíu de detrás do carballo e que levaba na man?

COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ESCRITA
1.- Copia e fai un debuxo do poema " A primavera xa chegou" de Abel Caballero 

A primavera xa chegou,
marcha o frío, chega o sol,
as flores van espertar
e as paisaxes debuxar.

Xa chegou, déixate levar.
Sínteo e ven gozar.

Os ríos e montes cantarán,
os días máis longos notarás,
sinte a brisa ao pasear
co seu perfuma natural.

Xa chegou, déixate levar.
Sínteo e ven gozar.

2.- Copia no teu caderno as palabras como están nas nubes e despois as relacionas.

3.- Facer as fichas que xa tedes fotocopiadas, correspondente ao Tema 11 de Xuntos: ficha R e ficha A.





4.-  Ditado.
-A princesa vivía nunha choupana.
-O cabaleiro loita co dragón.
-Na festa xuntouse toda a familia.

-Vocabulario

  • Choupana: cabana.
  • Loita: pelexa (pelea).
  • Xuntouse: reuniuse.
EXPRESIÓN ORAL
1.-Observa a seguinte lámina, onde fala sobre o tipos de plantas.

2.- Fíxate nos talos destas plantas e dí cal deles é unha arbore, un arbusto ou unha herba.

3.- Relaciona cada tipo de árbore co seu tronco.

4.-Na seguinte lámina vas aprender cales son as estacións do ano e as súas características.

5.- Le e dí oralmente cal e verdadeiro ou falso.

VÍDEOS:

Vídeos sobre as partes e os tipos de plantas.




Vídeos sobre o tempo atmósferico e as estacións do ano.


VALORES EN TEMPO DE CONFINAMENTO: "HABILIDADES SOCIAIS" 1ª PARTE

As habilidades sociais son un grupo de condutas e hábitos, necesarias para permitirnos  relacionarnos de boa forma cos demais, dunha maneira efectiva e satisfactoria.
É fundamental prestar especial atención ao desenvolvemento das habilidades sociais, xa que en primeiro lugar son imprescindibles para a adaptación dos nenos e nenas á contorna no que desenvolven  as súas vidas, e posteriormente estas habilidades van proporcionar as ferramentas para desenvolverse como adultos na esfera social, sendo a base para sobrevivir de maneira sa tanto emocional como laboralmente. 

LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA:
Observa esta lámina onde uns nenos e nenas xogan xuntos, despois le o conto: "Onde están as bocas?" onde resalta a importancia do compañeirismo. 



Había unha vez un neno que se chivaba de todo. En canto alguén preguntaba quen fixera ou devandito algo, o neno saltaba rapidamente dicindo o nome do culpable. E empezou a ocorrer no seu colexio que ningún neno falaba, porque todo respondíao e contábao el, de forma que en moi pouco tempo todos foron quedando sen boca por usala tan pouco, ata que ningún podía dicir nada. Entón o neno comezou a aburrirse e a sentirse só, porque non lle falaban: ninguén quería estar con el por deixalos sen boca... E pensando que facer para arranxalo, ocorréuselle ser el quen fíxese as preguntas, e deixalas responder. O truco funcionou, e ao haber tantas preguntas sen resposta, as bocas dos demais fóronse abrindo ata que o neno puido falar con todos.
E así deixou de chivarse de todo, porque comprendeu que era moito mellor a máis divertido deixar que fosen os demais quen contase as súas cousas.

Vocabulario:

  • Devandito: dicho.
  • Arranxalo: arreglarlo.
  • Chivarse: delatar a alguien.
1.- Agora podes facer un debuxo co teu grupo de amigos imprimindo a seguinte ficha. Se non tes impresora, podes facelo nun folio.

EXPRESIÓN ORAL:
-Unha vez lido o conto podedes comentar coa vosa familia si "chivarse " doutros nenos ou nenas é unha falta de compañeirismo e por que.

VÍDEOS

Vídeos sobre habilidades sociais para a vida e sobre a amizade.


PLÁSTICA: TRABALLAMOS A PRIMAVERA

Esta semana vamos traballar dous proxectos : "As cores da primavera", "Que rica está a froita".
  • As Cores da Primavera: 
O exercicio consiste en facer unha paisaxe mediante dúas fichas. Na ficha 1a recortaremos con moito cuidado as pezas e despois observaremos o modelo de como hai que pegalas na ficha 1b, obtendo un cadro precioso.
  • Que rica está a froita:
Na ficha da froita seguimos o proceso para facer as froitas e despois as repasamos co rotulador e finalmente coloreamos. Se non tes rotulador, podes coloreala directamente.

Se non dispós de impresora, podes facer os traballos nuns folios, debuxando ti a paisaxe e as froitas.
Verás que bonito queda!

29.5.20

AS LETRAS GALEGAS 2020 DE DAVID

RETO DAS LETRAS EN PRIMEIRO!!

Bonito debuxo de David Romero García de 1ºB para conmemorar o Día das Letras Galegas.
Bo traballo e reto conseguido!!



28.5.20

AS LETRAS GALEGAS 2020 DE CAMILO

RETO DAS LETRAS EN PRIMEIRO!!


Bonita foto de Camilo Porto Varela de 1ºA co seu debuxo de Ricardo Carvalho Calero o escritos das Letras Galegas 2020 para lograr o reto.
Bo traballo Camilo! Reto conseguido!






25.5.20

AS LETRAS GALEGAS 2020 DE IAN


RETO DAS LETRAS EN PRIMEIRO!!

Preciosa foto de Ian Amado Cantillo de 1ºB no medio da natureza co seu debuxo de Carvalho levando un libro na súa man.
Bo traballo Ian e reto logrado!!



24.5.20

ACTIVIDADES SEMANA DO 25 ATA O 29 DE MAIO

Estimadas Familias:

Seguidamente anotamos as actividades programadas para a semana do 25 ata o 29 de maio.

En Matemáticas faremos a terceira parte do Tema 11 ata rematalo, deixando as partes correspondentes as sumas levando e as moedas, que abordaremos o vindeiro curso.

En Lingua Castelá e en LinguaCiencias Socias e Ciencias da Natureza, iniciaremos o terceiro trimestre co tema 11.

Traballando Valores en tempo de confinamento, seguirá coa terceira parte de: “Autoestima” 

Finalmente en  Plástica aprenderemos a disfrazar o noso nome, palabras e números.

As actividades das especialidades: Educación Física, Inglés, Francés, Música e Relixión, están dispoñibles na cabeceira do blog.

 Para acceder a todo o material publicado anteriormente durante o confinamento, premede CORONAVIRUS na cabeceira do blog.

Agradecemos a participación no reto que puxemos para celebrar as Letras Galegas 2020. Para @s que faltades, inda estades a tempo de mandar as fotos co debuxo!!

 Calquera dúbida ou comentario, podedes escribirnos por Abalar Móbil, ou aos nosos correos:

1ºA:   primeirocicloa@gmail.com 
                                           
1ºB:  primeirociclob@gmail.com 

Saúdos e moito ánimo!!

TEMA 11 DE LINGUA CASTELÁ

Nesta primeira unidade do terceiro trimestre, traballaremos os seguintes puntos:

Lectura y escritura de palabras, oraciones y textos.
• Comprensión del sentido general de un texto oral.
• Identificación de adjetivos calificativos en oraciones y en textos.
• Uso correcto de los signos de interrogación ( ¿? ).
• Uso correcto de los signos de admiración (¡ !).
• Lectura y elaboración de cómics.

LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA:
 Libro Lengua 1º Anaya. 3º Trimestre: Lectura de: "El cocodrilo Roberto" (páx. 166-167) e fai un debuxo da ilustración que aparece no libro. Mira ben os detalles.




COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ESCRITA:
Faremos "Comprendo la lectura"nas páxinas 168 e 169 e "Aprendo la lengua" nas páxinas 170 e 171.

Para comprender as actividades de "Aprendo la lengua", recordade o que explicamos no segundo trimestre en "Me expreso" do tema 8 (páxinas 130-131) e tema 9 (páxinas 144-145).

 Nas descricións utilizábamos palabras que acompañaban aos nomes e axudaban a dicir como son as cousas, os animais, os edificios, as persoas. Agora vamos a ampliar un pouco máis o aprendido.
 Fíxate ben nestes exemplos: 

PEQUEÑO y BONITO son ADJETIVOS que acompañan al nombre o sustantivo, diciendo cómo es el perro y cómo es el vestido.







Mira con atención o seguinte vídeo e repasa o que xa dixéramos no segundo trimestre.


EXPRESIÓN ORAL:
Resolve oralmente estes exercicios:

1-.Adivinanzas

-Alta y delgada, de cabeza brillante,
ilumina de noche a los caminantes.
(La farola).

-Las patas y el cuello, largos;
el cuerpo lleno de manchas,
camina muy elegante
sin tener caderas anchas.
(La jirafa).

-Al ir, parece que vengo.
Y al venir, es que me voy.
¿Adivinas ya quién soy?
(El cangrejo).

-Soy pequeño, anaranjado,
y entre dos puertas muy negras
vive mi cuerpo encerrado.

(El mejillón)

2-. Colle una fotografía familiar e describe ás persoas que aparecen nela. Exemplo: 

Papá es alto, delgado, con el pelo castaño y gafas negras; mamá es bajita, delgada, morena, con los ojos oscuros; el abuelo tiene el pelo blanco y es alto…

VÍDEO:

TEMA 11 DE MATEMÁTICAS: 3ª PARTE

Esta semana continuaremos co Tema 11 do libro, ata rematalo. Traballaremos so algunhas actividades do "Repaso da Unidade" evitando: As sumas levando e as moedas e billetes. 

LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA:
Nesta ocasión vamos ler un conto: "Carrera de ranas" que nos axuda a pensar que calquera meta que nos propoñamos, podemos conseguila con esforzo. Ao final podes ver como facer unha ra de papel e dar resposta ao vocabulario que se utiliza no texto. 
O esforzo é o máis importante para aprender, por iso despois da lectura vas ter que superar un reto: Facer sumas rápidas para conseguir formar 10 co xogo de "La Carrera de las Ranas"
Ánimo que ti podes! Esfórzate!!La carrera de las ranas » Recursos educativos digitales
COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ESCRITA:
Continuaremos co "Repaso da Unidade" páxinas 150 e 151 do libro, para traballar as actividades: 1-2-4-7

1.Ditado de númerosActividade 7 páxina 151. 
Facédeo no libro:

  26, 62, 84, 56, 27, 67, 85, 69, 78, 36, 81, 31, 89, 52, 68, 43, 70, 87, 29, 75.

2-. Fichas:
Fai as seguintes fichas para practicar as sumas e as restas sen levar. Se non dispós de impresora, podes copialas no caderno ou facelas oralmente. O importante é que sigas traballando e non deixes de esforzarte. Ánimo que xa falta pouco!




EXPRESIÓN ORAL:
Traballa os seguintes exercicios oralmente:

1-.Adivina ¿qué número es?
Pista número 1: tiene 8 decenas y la suma de sus cifras es 9. Es el…
Pista número 2: tiene 7 decenas y la suma de sus cifras es 7. Es el …
Pista número 3: tiene 7 decenas y la suma de sus cifras es 13. Es el …
Pista número 4: tiene 8 decenas y si le quitas 5 a las decenas tendrás las unidades. Es el…

2-.Completar oralmente, según corresponda:
 65 >___    32 =____    23 >____    75 <___    60 > ___



TEMA 11 DE "XUNTOS" (LINGUA, CIENCIAS DA NATUREZA E CIENCIAS SOCIAIS): 1ª PARTE

Esta semana comezaremos o tema 11
A través das diferentes actividades, preténdese que os alumnos e as alumnas adquiran os seguintes coñecementos:

Os obxectivos que se pretenden nesta unidade son:
· Escoitar e comprender un conto de forma oral.
· Ler e escribir textos con correción e responder axeitadamente as cuestións que se propoñen.
· Memorizar o abecedario e aprender a norma ortográfica que rexe o uso de "mp" e "mb". 
· Recoñecer as plantas como seres vivos.
· Distinguir as partes dunha planta a as súas características.
· Coñecer como nace unha planta.
· Coñecer os nomes dalgúns tipos de plantas.
·Identificar e describir os fenómenos meteorolóxicos que se producen no seu ámbito máis próximo.
· Coñecer e diferenciar as características de cada estación do ano.

LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA
Lectura de: "As bolboretas e a primavera".


Vocabulario:
  • Algarabía: alboroto.
  • Buraco: agujero.
  • Calado: silencio.
  • Orballo: llovizna.
  • Trasno: duende.
  • Cunca: taza.
  • Gromos: brotes
  • Espreguízase: estírase.

-Para a comprensión da lectura, di oralmente cal é a resposta correcta.

COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ESCRITA
Fai as seguintes actividades que te poñemos.
1.- Aprende o abecedario en galego e escríbeo no caderno.


2.- Aprende a seguinte regra.


3.- Escribe no caderno os nomes dos seguintes debuxos atendendo a regra que aprendiches.


4.- Agora vas a escribir no caderno o nome dos meses que leven mb.


4.- Ditado.
-O neno ten o pelo longo.
-Xa é a hora de xantar.
-O mago vive no cume da montaña.

EXPRESIÓN ORAL
-Observa a seguinte lámina, onde falan das plantas como seres vivos.


1.- Na seguinte secuencia, ordénaa e comenta oralmente cada paso.


2.- Fai un debuxo, no caderno ou nun folio, dunha planta e ponlle os nomes das súas partes.

-Agora observa está lámina, onde explica como sabemos o tempo que vai.


3.- Mira as dúas fotos e despois de ler as tres frases que hai en cada unha, di cal lle corresponde a cada imaxe.



VÍDEOS
Vídeos sobre as partes dunha planta.





Vídeos sobre o tempo atmosférico.

LL

PLÁSTICA: FACER DEBUXOS CO NOME, PALABRAS E NÚMEROS

Para disfrazar o teu nome, necesitas un folio, rotuladores e ceras. Primeiro dobras o folio á metade  e escribes o teu nome ao longo do folio coa base na  dobrez. Repásao cun  rotulador, ben dunha soa cor ou podes facer cada letra dunha cor. Dobras o folio e calcas o nome. E xa todo depende da túa creatividade e imaxinación. É moi divertido!!
Preme na imaxe

Aquí tedes dous exemplos cos nomes de Lucía e de Bosco. Anímaste a facer o teu nome?




Tamén o podedes facer con números. Mirade os vídeos.

VÍDEOS:

VALORES EN TEMPO DE CONFINAMENTO: "A AUTOESTIMA" 3ª PARTE

Coa a autoestima traballamos o desenvolvemento emocional e cognitivo.
-Todos podemos conseguir grandes cousas, e temos en nós o necesario para conseguilo. Non debemos darlle importancia á beleza exterior, e querer cambiar só por como nos vexan os demais.
É importante saber "Aceptarnos tal e como somos".

LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA
-Le o conto " A FADA FEA"

Había unha vez unha aprendiz de fada madriña, máxica e marabillosa, a máis lista e amable das fadas. Pero era tamén unha fada moi fea, e por moito que se esforzaba en mostrar as súas moitas calidades, parecía que todos estaban empeñados en que o máis importante dunha fada tiña que ser a súa beleza. Na escola de fadas non lle facían caso, e cada vez que voaba e unha misión para axudar a un neno ou calquera outra persoa en apertos, antes de poder abrir a boca, xa estaban berrando e gritando:
- Fea! bicho!, lárgate de aquí!
Aínda que pequena, a súa máxia era moi poderosa, e máis dunha vez pensara facer un encantamento para volverse bela; pero logo pensaba no que lle contaba a súa mamá de pequena.
- Ti es como es, con cada un dos teus grans e as túas engurras; e seguro que é así por algunha razón especial...
Pero un día, as bruxas do país veciño arrasaron o país, facendo prisioneiras a todas as fadas e magos. A nosa fada, pouco antes de ser atacada, enfeitizou os seus propios vestidos, e axudada pola súa fea cara, fíxose pasar por bruxa. Así, puido seguilas ata a súa gorida, e unha vez alí, coa súa maxía preparou un gran festa para todas, adornando a cova con morcegos, sapos e arañas, e música de lobos ouveando.
Durante a festa, correu a liberar a todas as fadas e magos, que cun gran feitizo conseguiron encerrar as bruxas na montaña durante os seguíntes 100 anos.
E durante eses 100 anos, e moitos máis, todos lembraron a valentía e a intelixencia da fada fea.
Nunca máis se volveu a considerar naquel país a fealdade unha desgraza, e cada vez que nacía alguén feo, todos enchíanse de alegría sabendo que tería grandes cousas por facer.

-Vocabulario

  • Calidade: cualidades.
  • Apertos: apuros.
  • Engurras: arrugas.
  • Enfeitizou: hechizó.
  • Gorida: cueva, guarida
  • Ouveando: aullando.
  • Lembraron: recordaron.

EXPRESIÓN ORAL:

1.- Unha vez lido o conto comentar coa familia as seguintes preguntas.
-Hai xente que é máis guapa ou máis fea, cres que iso as fai mellores ou peores?
-Pensas que ser guapo ou fea é unha vantaxe para ser mellor persoa, ou podería ser un inconveniente?
-Con que tipo de persoa preferirías pasar unha tarde xogando no parque: cunha guapa ou cunha fea? Por que?
2.- Observa os seguintes debuxos onde hai nenos e nenas esforzándose por aprender cousas distintas. Comenta oralmente porque o fan e porque é importante para eles.




VÍDEOS:

-Este vídeo nos enseña: "Toma de decisións. Aprender a emprender".



-Neste outro como desenvolver a autoestima.



-Despois de ver este vídeo facer unha flor da vosa autoestima. Se non tes folios de cores, podes facelo con folios brancos, escribes as palabras e logo podes colorear cada pétalo dunha cor distinta sen cubrir as palabras.
Algunhas palabras que podes utilizar:
alegre, auténtico, autónomo, bondadoso, comprensivo, amor, cortés, creativo, dozura, fortaleza, xeneroso, humilde, optimista, paciencia, respeto, responsable, sensible, sincero, tolerante, valente, paciente...

23.5.20

AS LETRAS GALEGAS DE CARLOS 2020

RETO DAS LETRAS EN PRIMEIRO!!

Que sorrinte está nesta foto tan chula Carlos Fornos Rodríguez de 1º A co seu debuxo do escritor Ricardo Carvalho Calero para conseguir o reto.
Moi Ben! Bo traballo Carlos! Reto logrado!! 




AS LETRAS GALEGAS DE AINHOA 2020

RETO DAS LETRAS EN PRIMEIRO!!

Que foto tan bonita, en posición deitada, de Ainhoa Allegue Cortés de 1ºA co seu debuxo de Ricardo Carvalho o escritor das Letras Galegas 2020.
Estupendo Ainhoa! Bo traballo! Reto conseguido!!




AS LETRAS GALEGAS 2020 DE LEO

RETO DAS LETRAS EN PRIMEIRO!!

Preciosa foto de Leo Astray Yáñez de 1º B mostrando o seu debuxo, no que destaca a novela Scórpio que lle valeu o Premio da Crítica a Ricardo Carvalho Calero en 1987. 
Orixinal proposta e bo traballo!! Reto logrado!!

22.5.20

AS LETRAS GALEGAS 2020 DE DARÍO

RETO DAS LETRAS EN PRIMEIRO!!

Xenial a participación de Darío Pazo Galán de 1ºB cos dous debuxos de Don Ricardo, como así lle chamábamos os seus alumnos da Universidade de Filoloxía, que tivemos a sorte de compartir con el.
Bo traballo Darío e boa actitude. Reto conseguido!!



AS LETRAS GALEGAS 2020 DE MARTIÑO

RETO DAS LETRAS EN PRIMEIRO!!

Que foto máis chula, a de Martiño Lareo Salorio de 1ºB! Un sorriso fantástico co seu debuxo de Carvalho. 
Bo traballo Martiño e reto logrado!!


AS LETRAS GALEGAS 2020 DE CANDELA LEIRA

RETO DAS LETRAS EN PRIMEIRO!!

Unha preciosa foto de Candela Leira Veiga de 1ºA co seu debuxo de Carvalho Calero para conseguir o reto das letras galegas 2020.
Bo traballo e un bonito debuxo Candela! Reto logrado!!