27.1.18

DIA DA PAZ 2018


O DÍA DA PAZ

Aquí vos deixo as fotos e o vídeo do baile da Paz que fixemos no patio do colexio, nun día tan importante para toda a humanidade, e que traballamos cunhas fitas de cores e mensaxes escritos por todo o alumnado, coas que fixemos dúas bandeiras de pregarias tibetanas. 
Para rematar a actividade, e como cada ano,  ceibamos as pombas mensaxeiras que sempre achega ao colexio a profesora Sabela.
Houbo moitas apertas e bicos de Paz, que desexamos se manteñan sempre.


















O NOSO MURAL

En colaboración cos compañeiras e compañeiros de 2º, fixemos este mural tan bonito coas nosas botellas cheas de mensaxes de PAZ. Agora moitos nenos e nenas co colexio están sumándose a esta iniciativa e botan as súas botellas polo mar para que cheguen a todas as partes do mundo. Grazas pola vosa participación!!!

                                
PREPARANDO O DÍA DA PAZ 

 Este curso o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, preparamos o Día da Paz con mensaxes nunhas botellas, para ilustrar o corredor principal do colexio. Para facer esta actividade, temos que decorar a botella e escribir unha mensaxe de paz, positiva, e en galego, nun papel largo, tal e como aparece na imaxe. O papel da mensaxe tamén se pode decorar. Seguidamente pegaremos un extremo do papel na botella e enroscarémolo (pódese recortar o papel se é necesario). 
 Animádevos!!