24.5.21

PDI: PONTEDEUME, A NOSA VILA

Con motivo da celebración dos 750 anos da fundación de Pontedeume, o PDI deste ano está dedicado ao coñecemento da historia da nosa vila.

MAPA PARROQUIAS

Como punto de partida, os nenos e nenas elaboraron un mapa do concello onde situaron cada unha das sete parroquias que o conforman.






SOPA DE LETRAS

Cando xa tiñan identificadas cada unha das parroquias, buscáronas nunha sopa de letras.






RECEITAS GALEGAS

Co obxectivo de seguir achegando o alumado á cultura e ao patrimonio do concello, realizaron unha receita de comidas e postres típicos da cociña eumesa ou galega. Descubrimos que a nosa gastronomía é moi variada!







ANIMAIS DO ESCUDO

Cando fíxemos a saída pola vila, a guía turística explicounos os elementos que había nos escudos importantes das fachadas dos diferentes edificios.

Se nos centramos no escudo de Pontedeume, uns dos elementos máis importantes que aparecen nel son os animais. O xabarín e o oso son os animais máis representativos da vila, polo que o alumnado elaborou unha ficha informativa coas características máis importantes de cada un deles. 





ESCUDOS

Con todo o aprendido ao longo destas semanas, os nenos e nenas crearon o seu propio escudo, dándolle significado a cada un dos seus apelidos. Ollade o resultado final!








Este foi todo o traballo que realizaron os nenos e nenas de 2º de primaria. Pero aínda quedan por descubrir moitos recunchos e moitas historias de Pontedeume!



18.5.21

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado a Xela Arias. Recoñéceselle a súa labor na promoción da nosa lingua grazas ao seu traballo como tradutora, escritora e editora. Ademais, esta autora lucense convértese na quinta muller homenaxeada no Día das Letras Galegas.

Con motivo desta celebración, o alumnado do Couceiro tivo que realizar varios retos relacionados coa vida da poeta para conseguir unha peza do crebacabezas dedicado a ela.

Como comprobaredes nas imaxes, os nenos e nenas de 2º de primaria superaron con éxito probas de tradución de textos ao galego, búsqueda de palabras agochadas, coñeceron as súas obras máis importantes e completaron poemas de Xela. Como resultado, cada clase logrou a súa peza do crebacabezas e colocárona no mural coas demais.

Ollade como foi o reto!

















Ademais, como cada ano, o alumnado de 6º de primaria realizou unha videomontaxe para darnos a coñecer a figura de Xela Arias. Este foi o resultado: