27.6.23

ATA SEMPRE!!!!!

Chegou o momento de pechar. Chegou o momento de dicir adeus, pero antes de marchar, quero transmitirvos que estou moi orgullosa de ter sido a vosa mestra nestes anos e de camiñar xuntos e xuntas, no ciclo máis importante de primaria, aquel no que aprendemos a ler e a comprender. 
Lembrade sempre que sodes especiais e que podedes chegar onde queirades.
A vosa pegada xa está gravada no meu corazón. 
Con moito cariño, hoxe e sempre.


Educar

Educar es lo mismo
que poner un motor a una barca,
hay que medir, pensar, equilibrar,
y poner todo en marcha.

Pero para eso,
uno tiene que llevar en el alma
un poco de marino,
un poco de pirata,
un poco de poeta,
y un kilo y medio de paciencia concentrada.

Pero es consolador soñar,
mientras uno trabaja,
que esa barca, ese niño
irá muy lejos por el agua.

Soñar que ese navío
llevará nuestra carga de palabras
hacia puertos distantes, hacia islas lejanas.

Soñar que cuando un día
esté durmiendo nuestro propio barco,
en barcos nuevos seguirá nuestra bandera enarbolada.

Gabriel Celaya




 

19.6.23

PROXECTO FIN DE CURSO DE 2ºB E.P. 2022-2023: VIAXANDO COS ANIMAIS DE AMÉRICA

Despois de traballar arreo durante todo o curso, rematamos esta longa andaina cos animais, percorrendo o continente americano. 
O mapache, o tucano, o can das pradarías, a vicuña, o xaguar, o preguiceiro e o armadillo, foron os guías que nos levaron por eses amplos territorios de selvas. Tamén visitamos as fragas e as costas de América e vimos raias, medusas, quenllas e outros moitos animais que nos encantaron. De todos eles fixemos debuxos e figuras de plastilina, que nos axudaron a coñecelos e a aprender a respectalos no seu entorno natural.
Somos os Couceiristas polo mundo de 2ºB que, cando chegamos a Panamá, quedamos marabillados coa súa cultura, música e alegría. Alí descubrimos as indias Gunas ( tamén chamadas Kunas) e aprendemos con elas a traballar as Molas que confeccionan con teas. 
Panamá significa abundancia de bolboretas e peixes e así o plasmamos nos debuxos das nosas molas.
A visita das nosas familias o día da exposición foi fantástica porque compartimos con elas os nosos traballos e os dos nosos compañeiros e compañeiras. 
Todo o mundo dixo que traballáramos moito!!!!
Xa estamos preparados e preparadas para unha nova viaxe por moitos países do mundo!!!



15.6.23

XOGOS POPULARES E CASTELOS DE AREA NA PRAIA DE CABANAS: 2ºB

Hoxe gozamos na praia de Cabanas dunha mañá de xogos populares excelente, onde houbo compañerismo e traballo en equipo. A xornada contou tamén coa elaboración de castelos de area. Unha convivencia que permitiu que todo o alumnado compartise con maiores e pequenos un tempo de lecer.