29.11.19

ILLA FANTASÍA: O PRINCIPIO E EXPLORANDO NOVOS TERRITORIOS

Aquí vos comparto os vídeos de Illa Fantasía onde podedes ver o principio de todo, coa Escola do Unicornio, a exploración da Illa e a expedición ate os Tres Picos de Dragón. 
Estamos pendentes de recibir noticias da Dama Gris. Tan pronto cheguen, vémolas sen falta.

27.11.19

25N 2019

Chegou o día e as alumnas e alumnos de 1º de Educación Primaria participaron con moito interese por facer o baile "Vivir" de Rozalén e Estopa. Aquí podedes ver o video.

 




Para rematar o video coa participación de todo o colexio

25.11.19

PREPARANDO O NADAL 2019: EMPEZAN OS ENSAIOS!!


 













Este ano @s de 1º, vamos representar o tema "Nadal "de Mamá Cabra que ten moito ritmo e para darlle un pouco de cor, iremos disfrazad@s de boneco de neve
O disfrace é moi sinxelo e ten un custe económico mínimo. Aquí vos deixamos como facelo para que o traballedes na casa.
Tamén a letra da canción:

DECEMBRO: NADAL
(Mamá Cabra)

No nadal chega o inverno
e comeremos turrón,
cantaremos panxoliñas,
estamos de vacacións.

E faremos un boneco
cando neve mogollón,
poñerémoslle bufanda
e vasoira de bastón.

Imos cantando e bailando
cara o portal de Belén
a ver a aquel Rapaciño
acabiño de nacer.

Co nadal remata o ano,
logo os Magos virán,
deixarán os seus regalos
e moito imos xogar.

 

DISFRACE DE BONECO DE NEVE
  • A cara e o colo pintados de branco e as meixelas colorete vermello.
  • Traer una bufanda ou pano vermello. 
  • Unha nariz vermella de paiaso
  • Toda a roupa branca.
  • Poñer tres botóns negros, confeccionados con cartolina, aironfix ou  tela.
  • A poder ser,  zapatos ou zapatillas brancas.
  • A foto é orientativa.
Resultado de imagen de villancico muñeco de nieve


                                MODELO PARA FACER O GORRO DO BONECO DE NEVE









- 2 cartolinas negras
- Fita vermella
- grampadora
- pegamento
- tesoiras
- círculo grande (papeleira)
- regra
- lapis branco para marcar 

1.- Marcamos na primeira cartolina un ancho de 25 cm. Cantos máis centímetros poñamos, máis alta será a copa do sombreiro.

 
2.- Cortamos a tira e probámola para marcar o tamaño da nosa cabeza.

 
3.- Grampámola para que quede axustado ao noso tamaño.

 
4.- Comezamos a cortar tiras duns 10 cm, cun ancho de 2 aproximadamente. Non fai falta que quede perfecto, pero si que estean tódolos cortes á mesma altura.

 
5.- Agarramos o máximo de tiras e as dobramos para dentro para suxeitalas coa grampadora e pechar o sombreiro.

 
6.- As derradeiras tiras teremos que pegalas con pegamento.

 
7.- Marcamos un círculo grande na segunda cartolina, cunha papeleira ou algo similar. Canto máis grande sexa o círculo maior será o ala do sombreiro.
8.- Recortamos o círculo e colocamos a copa no medio para marcar o tamaño da mesma.

 
9.- Recortamos o círculo que marcamos do tamaño da copa do sombreiro.

 
10.- Metemos dentro do círculo a copa, deixando uns dous centímetros por fóra.

 
11.- Recortamos tiriñas novamente, pero esta vez de 2cm

 
12.- e as vamos dobrando  e pegando para suxeitar a copa á ala do sombreiro. Finalmente poñemos arredor a fita vermella

22.11.19

PREPARAD@S PARA O 25N 2019


Hoxe rematamos o traballo dos rolos pola igualdade que levan palabras fermosas para superar ese camiño escuro que tantas mulleres recorren para chegar ao abismo dos malos tratos. 
Estes días pintamos de violeta rolos de papel hixiénico reciclados, como xesto de apoio ao medio ambiente, e despois escribimos palabras como "Igualdade" "Solidariedade" "Respecto" "Amizade" "Amor" "Apertas" "Valentía".... que escribimos, coloreamos e pegamos nos rolos, formando un cabo longo que se unirá aos do resto do colexio.
 Polos corredores avanzará o noso desexo dunha sociedade baseada nos valores fundamentais do respecto a da "non violencia", que empeza cas nenas, como mulleres do futuro. É importante darlles espazo, facelas visibles na nosa forma de falar, cunha linguaxe inclusiva e traballar para que nenos e nenas vivan en igualdade, construíndo unha sociedade máis xusta.
Facendo o ensaio xeral no corredor da canción "Vivir"


14.11.19

HUGO E SAÚL VEÑEN A 1ºB


Contenta e emocionada de que os meus alumnos Hugo e Saúl, que xa están en 3º, viñeran á súa clase a compartir coa nova xeración de 1ºB, un precioso traballo sobre as mariscadoras da nosa vila e unha nasa que utilizan para coller o polbo, as nécoras e o camarón.
 Fantástico momento, porque sempre os nenos e nenas que seguen o seu camiño, nunca deixan de formar parte das vidas das mestras e mestres que tivemos a sorte, e o privilexio, de poñer un pouquiño de nós en todos eles e elas.
 Grazas rapaciños!!! 




13.11.19

PREPARANDO O 25N, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O vindeiro día 25 de novembro, celébrase en todo o mundo o Día Internacional e no colexio faremos unha actividade chea de contido interpretando a canción de Rozalén e Estopa "Vivir". Aquí vos compartimos este tema musical e a letra da canción, para que a vaiades preparando. 

11.11.19

MAGOSTO E DÍA DO PEÓN 2019

A celebración dos magostos é unha das máis antigas tradición galegas. Esta festa coincide coa época da recollida da castaña polo que, entre outros aspectos, ten un carácter de agradecemento da colleita recibida. Pero o magosto tamén ten un simbolismo de festa dedicada aos nosos defuntos, non por nada a súa celebración coincide co mes de Santos.
 Polo San Martiño, no mes de outubro, as castañas xa maduras, empezan a abrilos ourizos e a caer ao chan, comeza entón a época dos magostos en Galicia. Esta celebración, cínguese normalmente ás datas comprendidas entre o 1 de novembro, Día de Tódolos Santos, e o 11 de novembro, festividade de San Martiño, aínda que tamén se poden celebrar nos días anteriores ou posteriores a estas datas, ou mesmo, dende mediados de outubro ata mediados de novembro.
No cole celebramos esta festa cuns bailes no pavillón, por mor do mal tempo, e despois degustamos as ricas castañas asadas, para rematar bailando os peóns.
Foi un momento xenial para compartir cos compañeiros e compañeiras!


O BAILE
                
COMENDO CASTAÑAS










BAILANDO O PEÓN