30.11.22

EN 2º "UNÍMONOS" AO 25N

No 25 de Novembro, data en que conmemoramos o "Día Contra a a Violencia de Xénero", lembramos sempre que a discriminación das mulleres e a violencia machista, son un problema que traspasa fronteiras e que está presente na maior parte dos países do mundo, coa particularidade de que as vivencias do maltrato son enormemente parecidas en todos os lugares e culturas. Temos que comprometernos con eliminar os micromachismos, que son fórmulas de violencia cotiá e facer unha educación coeducativa, na escola e na casa, que traballe para que esa violencia tan sutil, que resulta invisible, pero que reflicte as actitudes machistas presentes na sociedade, elimine a violencia de xénero. Saber identificalos é fundamental para combatelos!! 
No noso colexio nesta ocasión traballamos con "UNÍMONOS" e fixemos uns carteis destacando esta data e unhas pulseiras moradas que resaltan a nosa forza para traballar por unha sociedade en igualdade. 
Seguidamente podedes ver un vídeo da famosa canción de: "Déjame" que alumnado e profesorado, bailamos ao ritmo de "Los Secretos" e un traballo feito pola Biblioteca para ilustrar esta data tan importante.

         

24.11.22

PREPARANDO EN 2º O NADAL 2022

Xa pronto chega o Nadal e en 2º eliximos unha canción de Magín Blanco, "Este Planeta é Divertido" que se ben non é unha panxoliña navideña, destaca a importancia de vivir xuntos, respectar o medio ambiente e aos animais. Nada máis acertado para o noso proxecto anual, que tanto nos gusta, viaxar cos animais por diferentes países de Europa (2ºA) e América (2ºB).
 É importante que nenos e nenas vaian practicando a canción!!! A letra deixámola seguidamente.
Respecto á vestimenta para  actuación, todas e todos levarán roupa branca:  xersei branco e pantalón ou medias brancas, bufanda vermella e na cabeza diadema con cornos de reno, preferentemente vermellos, pero se xa tedes doutras cores, tamén valen. O calzado é convinte que sexa branco ou dalgunha cor clara, intentando unificar a todo o grupo. 
Grazas pola vosa colaboración!!!
             

20.11.22

VISITA DE 2º AO AQUARIUM FINISTERRAE DE A CORUÑA 2022

A visita ao Aquarium Finisterrae, un dos museos científicos de A Coruña, que presenta numerosas especies mariñas á beira do Atlántico e do faro A Torre de Hércules, foi unha experiencia marabillosa!!! Participamos 1º e 2º de Primaria, dentro do Proxecto que traballamos este curso: "COUCEIRISTAS POLO MUNDO". No primeiro ciclo facemos a nosa viaxe da man dos diferentes animais dos continentes que traballamos: Europa para os de 2ºA e América para os de 2ºB.
Entramos no Nautilius do Capitán Nemo, nadamos  coa quenlla Gastón e vimos comer ás focas. 
Xa nos tarda volver!!!!






























12.11.22

FOTOS DE 2ºB DO DÍA DO MAGOSTO E DO PEÓN 2022

 Aquí vos deixo as fotos do Día do Magosto, onde estivemos coas compañeiras e compañeiros de 2ºA comendo as castañas asadas e bailando. Foi un momento moi divertido que puidemos gozar co bo tempo. Despois chegou o máis esperado, pois tras escoitar o "Manifesto", nenos e nenas xogaron cos peóns e participaron cas familias dun encontro fantástico.

Tamén podedes ver a nosa participación na exposición dos peóns, decorados cos animais de diferentes países centroamericanos. Igualmente dispoñedes dun vídeo, onde podedes gozar de diferentes instantáneas de todo o evento.

 A seguir practicando para non esquecer este xogo tan popular, que permite traballar en equipo e fortalecer a amizade.