22.5.18

REVISTA ABRENTE Nº 38 2018: " X CERTAME DE POESÍA COUCEIRO FREIJOMIL"

A nosa Revista Escolar ABRENTE nesta edición do nº 38 do 2018, comeza unha nova andadura na súa versión dixital que pretende chegar a toda a comunidade escolar a través do Blog A Casqueira, a Web do centro, do blog da Biblioteca e o resto dos blogs de aula do noso colexio. A versión en papel pode consultarse na Biblioteca do centro e a Biblioteca Municipal.

 


                                          Preme na imaxe

19.5.18

PRACTICANDO KUMANANÁ


Estes días andamos a practicar a canción de Kumananá para cando vaiamos a Illa Fantasía e a cantemos cos outros nenos e nenas que van participar. Xa vedes que ben nos sae.
Ánimo rapaciños e rapaciñas!!!










17.5.18

AXUDANDO AO DRAGÓN GALEGO "PEGADAS"


O Dragón galego "Pegadas", que vive nunha cova, perdeu a cola da trabada dunha quenlla e dende entón está tristeiro e agochado, por iso estamos a facerlle outra con sabas para que lle volva a crecer.
O máis bonito desta actividade, foi traballar en conxunto @s de 1º e @s de 3º, así aprendemos que @s maiores deben sempre axudar aos máis pequenos e pequenas.
Esperemos que o dragón se poida curar!!










LETRAS GALEGAS 2018 E X CERTAME DE POESÍA "COUCEIRO FREIJOMIL"









 
 


No Taboleiro da Lingua, no corredor da entrada, xa podedes ver unha exposición da vida e obra de María Victoria Moreno.

Consultade A Casqueira para coñecer á escritora que quixo ser galega, porque se namorou da nosa lingua. Premede na imaxe.




X CERTAME DE POESÍA "COUCEIRO FREIJOMIL"

Como cada ano celebramos o Certame de Poesía, convocado polo Equipo de Biblioteca, que este curso compre o seu 10º aniversario.
Cun tema baseado na PDI "O Mar", o alumnado do colexio participou con gran interese escoitando as poesías finalistas e gañadoras, pero o máis importante é celebrar que as nenas e nenos de 1º, fixeron unhas poesías fantásticas, moi creativas que nos encantaron a tod@s


Hugo Rodríguez de 1ºA e Santiago Mirón de 1ºB, foron premiados polas súas poesías e recibiron un premio consistente nuns libros e unha axenda de mans da profesora María Jesús Rodríguez de 2ºB
Parabéns rapaciños!!!


 Despois foron recebidos polos compañeiros e compañeiras, que se puxeron moi contentos co seu éxito.




12.5.18

RECICLANDO


OS TRES R: «Reducir, Reusar e Reciclar» 

A RECICLAXE, consiste en transformar produtos usados noutros novos. 
 Ao longo do día, tiramos moitas cousas ao lixo: mondas de froita, papeis, latas, etc. A maior parte destes refugallos poden transformarse noutros produtos,  por iso é necesario reciclar depositando cada residuo no seu contedor.
 Reciclar é un xeito de coidar o medio, pero para reciclar, necesítase a colaboración de todos e de todas, como a nosa Leyre, que cunha botella grande de plástico, fixo unha preciosa casiña coa axuda da súa familia. O interior ten uns mobles feitos de restos de madeira. Non pode ser máis xenial o resultado. Parabéns a Leyre e a súa familia!!!
Animádevos a presentar os vosos traballos con materiais de refugallo!!!






BRÚJULA TRAE O BURANGANDAU

Pasámolo moi ben nesta derradeira visita de "Brújula", porque ensinounos a construír un "Burangandaun" co que fixemos peticións e desexos facendo voar as súas fitas de cores.
Tamén recibimos noticias de que temos que axudar a curar ao dragón galego "Pegadas", que perdeu a súa cola coa trabada dunha quenlla. Pero esa historia xa a contaremos máis adiante. Ata pronto!!!