20.11.18

25N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


O  venres día 23 de novembro, celebramos no colexio o 25N , Día Internacional contra a Violencia de Xénero, e cantamos a canción de Rozalén : La puerta Violeta. Tamén, colocamos na entrada unha gran porta desa cor e con pequenas chaves, fixemos unha chave máis grande para que abra a porta á igualdade e peche a porta da violencia. 

Na Casqueira publicamos tamén sobre esta data e podedes ver uns vídeos de dous libros que denuncian a discriminación e os estereotipos que aínda existen, son os de: "Artur e Clementina" e "Rosa Caramelo" da autora Adela Turín e a ilustradora Nella Bosnia. 

Premede na porta e xa podedes entrar no blog do EDLG



























DÍA DO MAGOSTO E DO PEÓN 2018


                                                   Preme nas imaxes             


Celebramos  o Día do Magosto e do Peón, cantando a canción do Magosto, comendo as castañas preparadas tan ricas polos profes Suso e Roberto e bailando os peóns. 
Pasámolo moi ben. Aquí vos deixamos unha selección das actividades. Ata o ano!!!!


Preme na imaxe das castañas






















14.11.18

A CANTIGA DO APALPADOR

Xa podedes empezar a practicar a cantiga do Apalpador do Nadal. Aquí vola deixo e tamén no lateral do Blog para que a teñades disponible. Ánimo que hai moito que traballar!!! Non deixedes de traer o bastón para poder practicar.

Vaite logo, meu meniño
marcha agora para a camiña
Que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña

Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.

Mañá é día de cachela,
que haberá gran nevarada
e há de vir o Apalpador
cunha mega de castañas.

Alá por aquela cemba
mira, xa vén relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.


 

12.11.18

PREPARANDO O NADAL: O APALPADOR

Estimadas familias:
Xa andamos a preparar a función para Nadal e como estamos a traballar a figura do Apalpador,  necesitamos que cada nen@ traia un bastón para o baile.
Tamén vos deixamos unha aproximación do disfrace que utilizaremos para que vaiades vendo. Grazas e saúdos.


Resultado de imaxes para FOTOGRAFIAS  DO APALPADOR



Resultado de imaxes para DEBUXO DO APALPADORImaxe relacionada



11.11.18

BO PROVEITO: DEBUXAR UNHA VACA

Aquí vos deixo como debuxar unha vaca, que é o animal elixido por 2º para o proxecto de Bo Proveito. Xa veredes que non tan difícil, seguindo estes videos tan divertidos.

BO PROVEITO: UNHA AMEIXA DA NOSA RÍA

Hugo González, de 2ºB, trouxo unha ameixa xigante a clase e  quixemos compartila con tod@s @s compañeir@s. Colleuna o seu avó na ría e foi sorprendente ver o seu tamaño. Así puidemos falar do noso proxecto BO PROVEITO e do importante que é alimentarse ben. Grazas Hugo!!!!





9.11.18

GRAZAS FAMILIAS!!!

Queremos agradecer a todas as familias de 2º o excelente traballo feito cos atrapasoños e os porta-castañas, xa que quedaron espectaculares. Aquí vos deixamos os resultados.
Parabéns!!!!