24.4.19

MAIOS 2019

O vindeiro día 30 de abril, celebramos no colexio a festa dos Maios e o 1 de maio o Concello convoca o concurso anual dos Maios, que podedes ver no cartel de máis abaixo.
Nesta ocasión faremos un maio 1º,2º e 3º de Ed. Primaria e interpretaremos unha fermosa cantiga de Luis Emilio Batallán que fixo para o marabilloso poema de Manuel Curros Enríquez "O Maio" do seu libro "Aires da Miña Terra"
Aquí vos deixo a letra e un vídeo da canción, para que vaiades practicando. Tamén podedes velo todos estes días na columna da esquerda
Ánimo rapaciñ@s!!!




O MAIO

Aí vén o maio

de frores cuberto ...
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.


Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo galego:
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno! ...



Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá entonces
o maio que eu quero ...



Queredes castañas
dos meus castiñeiros? ...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.


Poema: Manuel Curros Enríquez ("Aires da miña terra")
Música: Luis Emilio Batallán
http://normalizacioncouceiro.blogspot.com/2019/04/maios-2019.html

Preme na imaxe para ver "Os Maios" no blog do EDLG "A Casqueira"

La imagen puede contener: 18 personas, personas de pie y texto


22.4.19

CONTOS DE VALORES

O NOVO BLOG DO COLEXIO: "COUCEIRO ORIENTA"

Compartimos a noticia do novo blog do colexio que consideramos é de interese para tod@s:

"Non queremos deixar que pase máis tempo sen dispoñer no noso cole dun blogue do Departamento de Orientación. 
Queremos que este blogue ademáis de dar a coñecer o noso Departamento, invite a descobrir e reflexionar sobre a diversidade nas nosas aulas.
O noso obxectivo principal e facer que a comunidade educativa do noso centro sexa un lugar onde a tolerancia, inclusión e diversidade sexan unha realidade."

Visitade o noso blogue........

18.4.19

DÍA DO LIBRO 2019: BO PROVEITO! PETISCOS DE ADIVIÑAS


Xa temos preparados os nosos "Petiscos de Adiviñas", que forman parte do PDI deste curso BO PROVEITO! e que preparamos para celebrar o DÍA DO LIBRO 2019. 
Fixémolos con plastilina e quedaron moi saborosos!!
Tamén adicamos a xornada a facer lecturas especiais. Os de 2ºA leron  "O Quixote" e os de 2ºB fixemos unha lectura entre tod@s de "Elisa no Mundo das Marabillas" ilustrado por persoas con parálise cerebral.