Mostrando entradas con la etiqueta Almanaques de Peto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Almanaques de Peto. Mostrar todas las entradas

21.12.21

OLIVIA GANADORA DO CONCURSO "ALMANAQUE DE PETO 2021-2022" DE 1ºB

 Como cada ano, o equipo de dinamización do colexio, elixiu unha ilustración de cada nivel para os almanaques de peto. Nesta ocasión, en 1ºB traballamos catro cadros do pintor galego Leandro Lamas, seguindo a parte de ARTE do noso PDI, e a gañadora foi Olivia Ruíz Pérez, de 6 anos de idade, que traballou esta muller embarazada, seguindo o orixinal, cun grande acerto e un enfoque artístico marabilloso. 

Parabéns Olivia!!! Merecido homenaxe o que te fixeron os teus compañeiros e compañeiras por este éxito.

 Con todos os debuxos do resto da clase que fixemos de diferentes obras de Leandro Lamas, faremos un libro de aula. 

Aquí vos deixamos tamén os dos outros tres finalistas: Álvaro Veiga Vila, Xan Viñas Vilar e Adriana Marta Casal. Parabéns!!!

                                                  








19.12.19

ALMANAQUES DE PETO 2020

Este ano o concurso dos Almanaques de Peto 2020, iniciativa do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, tiveron como gañadores a Candela Leira de 1ºA e a Alejandro Regueiro de 1ºB. Ambos elaboraron uns debuxos inspirados no PDI deste curso sobre a Igualdade, o de Candela coa mensaxe: "Todos e todas somos iguais" e o de Alejandro coa de "Compartir". Parabéns para eles e para todo o alumnado de 1º que fixo un traballo marabilloso destacando valores como o respecto e a igualdade de oportunidades entre nenos e nenas.

26.12.18

LEO E MARA GAÑAN O CONCURSO DOS ALMANAQUES DE PETO 2018

A iniciativa Almanaques de Peto 2019, que está integrada no proxecto O GALEGO NAS NOSAS MANS, este ano presentou o tema BO PROVEITO e os debuxos estiveron inspirados na alimentación saudable, destacando o importante que é comer ben.
De todos eses fantásticos traballos,  o EDLG elixiu 14 representantes de todo o colexio entre os que se encontraban Leo e Mara  de 2º e aos que lles damos os nosos parabéns, 
O importante foi o  voso interese por participar. O vindeiro ano haberá novas oportunidades, así que animádevos a seguir traballando. 
Premede na imaxe e podedes ver máis no blog A Casqueira



                                                                                  Leo López Feal 2ºA EP                                                                                 


                                                                              Mara Amenedo González 2ºB EP                                                                     

27.12.17

ALMANAQUE DE PETO 2018

Este ano Hugo Calvo de 1ºA, foi o elixido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG), como representante de 1º para ilustrar un dos oito almanaques de petos eleccionados para o 2018,  co seu tema O MAR LIMPO 
Aquí vos deixo os debuxos dos oito seleccionados e tamén d@s finalistas.
O esforzo e a participación son o máis importante, así que PARABÉNS para tod@s!!!

 SELECCIONAD@S PARA O ALMANAQUE DE PETO



PREME NA IMAXE



FINALISTAS