27.2.20

REMATA O ENTROIDO 2020 CO ENTERRO DO FINADO

Xa rematamos o entroido co enterro do finado. Houbo choros e despedida ata o outro ano, pero este 2020, deixounos un entroido en 1º que se gozou moito coa nosa carapuchiña igualitaria, cos Mandadiños de Manolo e con moitos traballos que fixemos na aula para celebrar este momento tan destacado das nosas tradicións. Xa andamos a darlle voltas de que nos imos disfrazar o vindeiro curso!!

22.2.20

ENTROIDO : CARAPUCHIÑAS SEN MEDOS NIN LOBOS

Marabillosa experiencia presentar esta carapuchiña igualitaria, reivindicando que queremos unha infancia sen medos nin lobos.
Grazas as familias por axudarnos a que nenos e nenas participaran formando un equipo sen discriminación entre uns e outras.

17.2.20

XA EMPEZA O ENTROIDO NO COLE COS MANDADIÑOS DE MANOLO

Hoxe foi todo un acontecemento ver a Manolo ca gorra de capitán e como nós non podiamos ser menos, tamén trouxemos os nosos. 
Traballando cos gorros para pensar mellor. 
Xa falta pouco para o entroido!

15.2.20

ILLA FANTASÍA: "A CAPITÁ MARIANA VEN FALAR DO LIBRO VIOLETA E DAS MULLERES PODEROSAS"


A Capitá Mariana veunos falar do Libro Violeta, que estamos a traballar, onde destacaremos as mulleres poderosas de agua, terra, aire e lume e que pronto destacaremos o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. En 1º xa eliximos a Concepción Arenal e á educadora María Barbeito. Tamén fixemos xogos e ensinounos como soa a chuvia en Illa Fantasía e moitas cousas máis. Marchou dando vos consellos, destacando a importancia da amizade e o respecto. 
Pronto teremos noticias dela!
 
 
                  

13.2.20

CLUB DAS LETRAS DE 1º: " TRABALLANDO A CARAPUCHIÑA"

O libro de Bruno Munari: "Carrapuchiña vermella, verde, amarela azul e branca" é o seleccionado por 1º, neste segundo trimestre, para participar no Club das Letras organizado polo Equipo de Biblioteca. Eliximos este libro, porque aproveitamos a oportunidade de que o noso disfrace do entroido é de Carapuchiña e gustounos moito o conto de "Carrapuchiña Verde", versión moi interesante da que estamos facendo os debuxos e parte do texto. 
 Aquí vos deixamos o conto  e uns vídeos para debuxar as ras e o lobo.

APRENDEMOS A DEBUXAR E DESCRIBIR ANIMAIS

No Tema 7 de varias materias, abordamos as descricións dos animais e foi moi interesante, xa que ademais de aprender as características de cans, gatos e dos nosos animais favoritos, traballamos a descrición do oso e do elefante. 
Aquí vos deixo os vídeos  para que recordedes como debuxalos.

10.2.20

11 DE FEBREIRO: "DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA"

A ciencia e a igualdade de xénero son vitais para realizar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, incluídos na Axenda 2030. Nos últimos 15 anos, a comunidade internacional fixo un gran esforzo inspirando e promovendo a participación das mulleres e as nenas na ciencia, pero non é suficiente. De acordo cun estudo realizado en 14 países, a probabilidade de que as estudantes rematen unha licenciatura, unha mestría e un doutoramento nalgunha materia relacionada coa ciencia é do 18%, 8% e 2%, respectivamente, mentres que a probabilidade para os estudantes masculinos é do 37%, 18% e 6%.
Estás ti preparada para ser científica?
Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Nas aulas de 1º estivemos traballando nun debuxo do vídeo: "Pequena Científica" que nos gustou moito e logo falamos das 12 mulleres que transformaron a ciencia e de que hai moitas máis. 
A Nenas e nenos, pareceulles importante apoiar que haxa unha maior representación de científicas no mundo e algunhas das nosas nenas xa se sentiron interesadas. Que ben!!