Mostrando entradas con la etiqueta Día do Libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día do Libro. Mostrar todas las entradas

28.4.23

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO 2023 EN 2ºB

 Este ano celebramos o Día do Libro no xardín do noso colexio coa colaboración do alumnado de 6º que compartiu lecturas de contos, como madriñas e padriños lectores, cos nenos e nenas de 2ºB. 

Foi unha experiencia marabillosa que queda plasmada nestas fotos para o recordo!!!





















27.4.22

DÍA DO LIBRO 2022

 Este curso celebramos o Día do Libro, construíndo unhas casiñas cos libros que estamos a traballar do ilustrador Leandro Lamas, a quen adicamos o proxecto (PDI) deste ano. Os libros que seleccionamos forman parte da súa colaboración con poetas e cantantes. Aquí tendes unhas fotos do noso traballo.





21.4.20

DÍA DO LIBRO 23 DE ABRIL 2020

Xa temos o vídeo!!! Grazas a todas e todos por participar neste precioso proxecto.

 

Preme na imaxe e participa na proposta de celebración da Biblioteca para o Día do Libro o vindeiro 23 de abril. Fai unha foto orixinal lendo un libro que te encante. Con todas as fotos faremos un vídeo e ti tes que estar nel. Participa e anima a túa familia a participar!!


Tamén o Concello fai unha proposta para esta data tan especial. Aquí vola deixamos:

Proxecto "Ti das cor á nosa vila".

Durante estes días e ao longo do mes de maio, publicaremos ilustracións para que os máis pequenos da casa den o seu toque de cor a eventos xa arraigados no noso calendario.

Estarán dispoñibles en formato pdf para poder imprimir e colorear ou pódese descargar a imaxe en formato jpg para poder coloreala desde algunha aplicación do ordenador.
Os rapaces e rapazas que están a facer uso do servizo "deberes na casa" recibirán as ilustracións xunto coas súas tarefas escolares semanais.

Unha vez finalizado o debuxo podedes subilo ás redes sociais coa lenda #tidascoranosavila e etiquetando ao Concello de Pontedeume. Todos os traballos serán recopilados e aparecerán publicados no vindeiro libro das Festas das Peras.

Así que este xoves as pequenas e pequenos da casa teñen unha cita ineludible coa cultura xa que celebramos o Día do Libro.

Deixamos nos seguintes enlaces os arquivos pdf para a súa impresión e contamos coa vosa colaboración.
Ti das cor ao Día do Libro: http://www.pontedeume.gal/temp/DasCor_Libro.pdf

#pontedeumequedanacasa

18.4.19

DÍA DO LIBRO 2019: BO PROVEITO! PETISCOS DE ADIVIÑAS


Xa temos preparados os nosos "Petiscos de Adiviñas", que forman parte do PDI deste curso BO PROVEITO! e que preparamos para celebrar o DÍA DO LIBRO 2019. 
Fixémolos con plastilina e quedaron moi saborosos!!
Tamén adicamos a xornada a facer lecturas especiais. Os de 2ºA leron  "O Quixote" e os de 2ºB fixemos unha lectura entre tod@s de "Elisa no Mundo das Marabillas" ilustrado por persoas con parálise cerebral.