21.4.20

DÍA DO LIBRO 23 DE ABRIL 2020

Xa temos o vídeo!!! Grazas a todas e todos por participar neste precioso proxecto.

 

Preme na imaxe e participa na proposta de celebración da Biblioteca para o Día do Libro o vindeiro 23 de abril. Fai unha foto orixinal lendo un libro que te encante. Con todas as fotos faremos un vídeo e ti tes que estar nel. Participa e anima a túa familia a participar!!


Tamén o Concello fai unha proposta para esta data tan especial. Aquí vola deixamos:

Proxecto "Ti das cor á nosa vila".

Durante estes días e ao longo do mes de maio, publicaremos ilustracións para que os máis pequenos da casa den o seu toque de cor a eventos xa arraigados no noso calendario.

Estarán dispoñibles en formato pdf para poder imprimir e colorear ou pódese descargar a imaxe en formato jpg para poder coloreala desde algunha aplicación do ordenador.
Os rapaces e rapazas que están a facer uso do servizo "deberes na casa" recibirán as ilustracións xunto coas súas tarefas escolares semanais.

Unha vez finalizado o debuxo podedes subilo ás redes sociais coa lenda #tidascoranosavila e etiquetando ao Concello de Pontedeume. Todos os traballos serán recopilados e aparecerán publicados no vindeiro libro das Festas das Peras.

Así que este xoves as pequenas e pequenos da casa teñen unha cita ineludible coa cultura xa que celebramos o Día do Libro.

Deixamos nos seguintes enlaces os arquivos pdf para a súa impresión e contamos coa vosa colaboración.
Ti das cor ao Día do Libro: http://www.pontedeume.gal/temp/DasCor_Libro.pdf

#pontedeumequedanacasa

No hay comentarios:

Publicar un comentario