13.4.20

ACTIVIDADES DA SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL

 Estimadas Familias:


 Seguidamente vos aportamos as actividades programadas para a semana do 14 ata o 17 de abril.
En Matemáticas repasaremos o Tema 9 do libro, na parte correspondente ao Reloxo Analóxico, con vídeos educativos para poder facer as tarefas correspondentes, tal e como vos anunciamos a semana pasada.
 En Lingua Castelá traballaremos a 2ª parte do Tema 9, ata rematalo, e en Lingua, Ciencias Socias e Ciencias da Natureza, seguiremos coas fichas da semana anterior, para @s que non puideron rematalas, incorporando novos exercicios baseados en lendas da nosa contorna.
Todas as entradas do blog da semana anterior incluían vídeos educativos que podedes repetir como repaso dos temas, para abordar as partes dos mesmos que seguiremos traballando.
Lembrade que as propostas de actividades son tentativas e as podedes axustar segundo as vosas posibilidades familiares e que as tarefas que non se poidan imprimir, poden facerse nun caderno véndoas dende a pantalla do ordenador.
Para rematar, comentarvos que engadimos unha icona denominada CORONAVIRUS na cabeceira do blog, onde podedes atopar todo o publicado durante o período de confinamento.
Lembrade que podedes dirixirvos ao voso titor ou titora, ante calquera dúbida ou comentario, escribíndonos por Abalar Móbil ou ao noso correo primeirociclocouceiro@gmail.com 

Saúdos e moito ánimo!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario