29.1.20

ILLA FANTASÍA: "DÍA DA PAZ 2020"


As Ondas de Paz chegaron ao noso cole con palabras de luz que saen dende a escuridade que a bruxa Morgana estende por onde va.  
Fomos avisad@s pola Capitá Mariana de que o mar está cheo de lixo, especialmente plástico, e de que unha marea negra de contaminación ambiental chegaba onde nós, así que comezamos a traballar en ondas que deixaran ver a luz a frases moi inspiradoras.
 En 1ºA: "COA AMIZADE A PAZ ILUMÍNASE" e en 1ºB "A PAZ COMEZA CUN SORRISO"

LATUKADA POLA PAZ

23.1.20

PREPARANDO O ENTROIDO 2020

Xa pronto vén o entroido e temos que empezar a preparar o disfrace e a música da nosa actuación, así que aquí vos deixamos varios vídeos que fan referencia a "Carapuchina vermella", que é o conto que eliximos para traballar o PDI "Igualdade".
Esta lenda popular que se transmitía fai séculos oralmente por Europa, foi recollida por Charles Perrault nun volume de contos no século XVII, pero foron os irmáns Grimm, os que a utilizaron finalmente, para facer o conto máis lido do mundo.
 En Primeiro seleccionamos este conto pola súa popularidade e porque representa a posibilidade de que as nenas poidan ser atacadas e de vivir con medo, o cal fortalece a desigualdade entre nenos e nenas, por iso o noso disfrace é o mesmo para todos e todas, o de "Carapuchiña", sen lobos nin cazadores.
Nos vídeos presentamos un titorial para facer a capa vermella, que non é necesario que leve forro, e unhas trenzas de la, por se queredes engadirllas ao disfrace, o mesmo que unha cesta.
Por debaixo da capa todos e todas iremos vestidos de negro e con zapatos ou tenis escuros. Deste xeito a inversión económica é mínima, seguindo a nosa liña de evitar facer gastos excesivos ás familias, pero conseguir unha vistosidade importante.
 Agardamos a vosa colaboración!!

Resultado de imagen de LETRA DE CARAPUCHIÑA VERMELLA

17.1.20

PDI "Igualdade": UN RECUNCHO PARA COMPARTIR SEN DISCRIMINAR"

O PDI deste curso, tróuxonos a 1º e 2º de Educación Primaria, un recuncho adicado a traballar o reparto de responsabilidades domésticas entre nenas e nenos e xogos de diferentes tipos, que axudan a non discriminalos con orientacións sexistas cara a  determinadas profesións.
Tamén temos un lugar para resolver os conflitos que as veces se producen na aula ou no patio e que é máis doado resolver falando tranquilamente. Velaí as fotos de 1ºA e 1ºB, gozando cos xogos.
Todo un éxito!!