Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas las entradas

19.5.23

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023

Este ano 2023, o Día das Letras Galegas está adicado a Francisco Fernández del Riego, que naceu en Vilanova de Lourenzá (Lugo), o 7 de xaneiro de 1913. 
Ao longo da súa vida foi un traballador incansable, sempre destacando a súa galeguidade o que lle levou a recibir no ano 1979 o Pedrón de Ouro. Entre as moitas iniciativas que marcaron un novo tempo da man de Fernández del Riego, destaca de xeito especial a súa invención do Día das Letras Galegas. Daquela cumpríanse cen anos da primeira edición de Cantares Gallegos, o primeiro libro en galego de Rosalía de Castro, que foi quen lle deu a data do 17 de maio. A súa proposta foi adiante e xa van sesenta anos dende entón, converténdose nun acontecemento social e cultural de primeira magnitude
En 2ºB visitamos a exposición organizada polo Equipo de Normalización onde, mediante uns carteis moi interesantes, puidemos coñecer a andaina vital de Fernández del Riego desde neno ata o seu finamento en Vigo no ano 2010.





12.5.22

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022

O vindeiro 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas e no colexio fixemos un vídeo  sobre o tema "Terra" do grupo musical Tanxugueiras, no que participou Infantil e Primaria, aportando un pouco de cada nivel, para reivindicar a nosa galeguidade nunha data tan importante para nós. 
Pola nosa parte, en 1º realizamos este vídeo, que é un pequeno compendio de todo o traballo que fixemos durante días, para recibir ao novo autor do 2022: Florencio Manuel Delgado Gurriarán.
Agradecemos moito a todas as familias o voso apoio, engalanando a nenas e nenos. Foi todo un éxito ver as indumentarias, maquillaxe, accesorios.... Insuperable!!! 
A colaboración de familias e colexio é imprescindible para facer un bo traballo e así queda demostrado nas fotos e no vídeo. Grazas polo voso esforzo!!!
Na biblioteca tamén prepararon un material moi interesante para coñecer a obra e traxectoria do poeta, que podedes ver premendo no título: LETRAS GALEGAS 2022

          

           

16.5.20

17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!

Preme na imaxe (Real Academia Galega)

A Real Academia Galega (RAG) dedica o Día das Letras Galegas de 2020 a ­Ricardo Carballo Calero (Ferrol, 1910 - Santiago de Compostela, 1990), que dende o ano 1981 asinou as súas obras e escritos como Carvalho ­Calero
.



 RETO DAS LETRAS EN PRIMEIRO!!

Para participar nesta celebración, vos propoñemos un reto: 
  • Facer un debuxo deste escritor tan importante para Galicia.
  • Facervos unha foto debuxándoo ou co voso debuxo.
Despois nos mandades a vosa foto e o debuxo  aos nosos correos, poñendo no asunto:

RETO DAS LETRAS GALEGAS DE  (Nome e apelidos)

1ºA:   primeirocicloa@gmail.com                                    

1ºB:  primeirociclob@gmail.com 

Todo o material o iremos publicando no blog. Animádevos a participar!!

Aquí vos deixamos unhas caricaturas para que vos axuden a inspirarvos.

ABRAHAM CARREIRO: CARICATURA DE CARVALHO CALERO | #escritores ...Club prensa Ferrol Ricardo Carvalho Calero
Especial Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero - Aulas Galegas
O profesor ferrolán, foi unha das figuras máis relevantes da cultura galega e participou activamente na recuperación da nosa lingua.
 Membro da Real Academia Galega, destacou tanto no ámbito da creación literaria como na crítica e na investigación filolóxica, converténdose en 1972 no primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas da Universidade de Santiago de Compostela.
Entre as súas obras máis relevantes están a Historia da literatura galega contemporánea (1963) e a Gramática elemental del gallego común (1966), manuais imprescindibles para varias xeracións de estudantes de lingua e literatura galegas. Na creación literaria, destacou coa súa novela Scórpio, Premio da Crítica de 1987.

Preme na imaxe (Bibliocouceiro)

A biblioteca publica este ano moitas cousas de interese para celebrar este acontecemento tan importante. Non deixedes de ver  e o libro dos Bolechas e o traballo feito polo alumnado de 6º.
 Premede na imaxe anterior e xa estades en Bibliocouceiro.
Para ir facendo boca, xa vos adiantamos un conto que vos vai encantar

Tamén no blog de Orientación, tedes diferente material moi interesante.
Preme na imaxe (Couceiro Orienta)


FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!


17.5.19

LETRAS GALEGAS 2019



Onte 16 de maio, celebramos no colexio o Día das Letras Galegas, cunha xornada chea de actividades que nos fixeron reflexionar sobre a importancia do galego nas nosas vidas, a través da figura destacada neste 2019: Antón Fraguas
Aquí posamos no Taboleiro da Lingua, para resaltar a este persoeiro tan importante para a nosa terra, a quen agasallamos facendo numerosos debuxos dos seus retratos e da súa obra.

Preme na imaxe para ver a publicación da Casqueira


Antón Fraguas Fraguas, nado en Insuela, en Loureiro (Cotobade), o 28 de decembro de 1905 e falecido en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, destacado historiador e antropólogo galeguista, foi escollido polo pleno da Real Academia Galega como o persoeiro homenaxeado no Día das Letras Galegas do vindeiro ano 2019.

En 1963 foi nomeado director do Museo Municipal de Santiago, instalado no convento de San Domingos de Bonaval, que en 1975 pasou a ser denominado Museo do Pobo Galego.

Outros cargos que desempeñou Fraguas ao longo da súa vida foron, entre outros, a coordinación da sección de Antropoloxía do Consello da Cultura Galega (1983), membro numerario da Real Academia Galega das Ciencias, a Real Academia da Historia, a Asociación de Arqueólogos de Portugal ou a Sociedade Portuguesa de Etnoloxía.

Foi nomeado Pontevedrés do ano en 1973; concedéronlle o Pedrón de Ouro en 1984 e a Insignia de Ouro do Museo do Pobo Galego o mesmo ano; recibiu o Premio Trasalba en 1985, e a Medalla Castelao; Premio Otero Pedrayo en 1992, ano en que tamén foi nomeado Cronista Oficial de Galicia; Premio das Artes e das Letras de Galicia en 1995. En 1989 foi nomeado fillo adoptivo de Santiago de Compostela.
Trala súa morte, creouse a Fundación Antonio Fraguas no Museo do Pobo Galego, co obxecto de “proxectar, conservar e dinamizar o patrimonio que Fraguas e toda a xeración por el representada crearon e rescataron para a conservación futura da memoria de Galicia”. Así mesmo, a Deputación Provincial da Coruña convocou na súa memoria o Certame de Artesanía Antonio Fraguas Fraguas.Leva o seu nome o IES Antón Fraguas de Santiago de Compostela, así como rúas en varias cidades e vilas.




O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, desenvolveu, a actividade "Madriñas e Padriños Lectores" no que participou todo o alumnado do colexio, tanto de Educación Infantil como de Educación Primaria, coa colaboración do profesorado e, de maneira especial, do Equipo de Biblioteca do centro e dos titores e titoras. O resultado foi fantástico!!
 Velaí como gozamos lendo c@s do sexto.


















Tamén chegou o momento de recoñecer o traballo dos grupos para rematar o Álbum Bilingüe, organizado polas especialistas de inglés, que correspondeu en 2ºA a Lúa, Noa e Leo e en 2ºB a Mencía, Leyre e Sensén, por teren rematado primeiro.
 Os agasallos que recibiron, compártense entre tod@s na clase, así que foi unha festa para tódolos grupos .





A celebración das Letras Galegas, estivo chea de sorpresas e chegou o momento dos premios do "XI Certame de Poesía Couceiro Freijomil", que tanto traballamos nas aulas, e que este curso foi adicado ao Proxecto Documental Integrado elixido: BO PROVEITO!
O nivel foi moi alto e o xurado do Equipo de Biblioteca, tivo moi difícil elixir @s gañador@s entre os finalistas seleccionados.
En 2º tivemos dous grandes representantes cuns poemas marabillosos. Foron Leo de 2ºB e Sensén de 2ºA e o gañador foi Leo. 
Parabéns para eles e para tod@s por participaren con tanto esforzo!!






Finalmente rematamos bailando a muiñeira, seguindo @s compañeir@s que participaron nun "Mar de Muiñeiras" en Navantia. Quedou xenial!
Vivan as Letras Galegas!!!!








17.5.18

LETRAS GALEGAS 2018 E X CERTAME DE POESÍA "COUCEIRO FREIJOMIL"









 
 


No Taboleiro da Lingua, no corredor da entrada, xa podedes ver unha exposición da vida e obra de María Victoria Moreno.

Consultade A Casqueira para coñecer á escritora que quixo ser galega, porque se namorou da nosa lingua. Premede na imaxe.




X CERTAME DE POESÍA "COUCEIRO FREIJOMIL"

Como cada ano celebramos o Certame de Poesía, convocado polo Equipo de Biblioteca, que este curso compre o seu 10º aniversario.
Cun tema baseado na PDI "O Mar", o alumnado do colexio participou con gran interese escoitando as poesías finalistas e gañadoras, pero o máis importante é celebrar que as nenas e nenos de 1º, fixeron unhas poesías fantásticas, moi creativas que nos encantaron a tod@s


Hugo Rodríguez de 1ºA e Santiago Mirón de 1ºB, foron premiados polas súas poesías e recibiron un premio consistente nuns libros e unha axenda de mans da profesora María Jesús Rodríguez de 2ºB
Parabéns rapaciños!!!


 Despois foron recebidos polos compañeiros e compañeiras, que se puxeron moi contentos co seu éxito.