27.2.19

PREPARANDO O DESFILE DO ENTROIDO 2019

Andamos estes días a ensaiar  o noso baile os primeiros e os segundos e non paramos, cantando e bailando no cole o no pavillón. Xa falta pouco e os nervios andan a mil por hora. 
Mirade!!!










25.2.19

OS "MANDADIÑOS" DE MANOLO

 Cos "mandadiños" de Manolo, xa empezamos o Entroido no noso cole. O luns tiñamos que traer unha camiseta branca e mañá martes un mandil. Non deixes de apuntar cada día o novo reto para participar e acompañar a Manolo.




22.2.19

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2019


Aquí vos compartimos a actividade organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso colexio, que realizamos este curso para o Día de Rosalía e no que participou todo o alumnado, o profesorado e o persoal do noso centro escolar.
"EU SON ROSALÍA" forma parte do Proxecto de Dinamización Plurianual: "O Galego nas Nosas Mans", que este ano unimos co PDI do colexio: Bo Proveito!!!
As poesías seleccionadas de Rosalía, están vinculadas á comida e a fame e participaron desde 4º de Educación de Infantil ata 6º de Educación Primaria.
@s de 2º nos esforzamos moito e fixemos os versos seleccionados con moito entusiasmo e esforzo.
Parabéns a todas e todos polos vosos traballos!!!!









Preme na imaxe (Día de Rosalía 2019. A Casqueira)




13.2.19

DISFRACE DO ENTROIDO 2019: VACAS


Estimadas familias, compartimos un vídeo de como confeccionar na casa o disfrace de vaca que levaremos este ano no entroido, para vaiades avanzando na súa confección. Podedes facelo en branco con manchas negras, ou en negro con manchas brancas, segundo o que teñades na casa.
A careta farémola no colexio en goma eva.
Grazas pola vosa colaboración !!!!








EXPOSICIÓN "AS FRAGAS DO EUME"

Visitamos a Exposición sobre "As Fragas do Eume", organizada pola Asociación Néboa na Casa da Cultura, e foi moi interesante ver de onde vén o río Eume e os diferentes animais que viven nas fragas, así como as lendas e os monumentos que se construíron ás súas beiras.
A visita axudounos a valorar o marabilloso entorno natural no que vivimos.










11.2.19

PREPARANDO O ENTROIDO 2019!!!!

Xa non falta nada para o Entroido, así que xa vos compartimos a canción de Pelo Gato 24, A VACA MARELA, que vamos bailar o día do desfile, o venres 1 de marzo.
Ide aprendendo a letra e practicándoa na casa, porque 1º e 2º este ano vamos de vacas, que é o animal elixido por nós para desenvolver o proxecto do noso centro: BO PROVEITO!!!

Xa vola deixo no lateral esquerdo do blog, para que a escoitedes sen ter que buscala.



A VACA MARELA


Eu teño unha vaca marela
que é o demo a condenada,
presume de vaca moderna
e non quere traballar.

Eu teño unha vaca marela
que é o demo a condenada,
presume de vaca moderna
e non quere traballar.

Ela canta, con acento
de mulata brasileira,
hai que vela, como move,
as cadeiras ao andar.

Ela canta, con acento
de mulata brasileira,
hai que vela, como move,
as cadeiras ao andar.

Puxo a permanente no rabo
e deulle esmalte aos cornos,
ela dí que quere mercar
unhas medias de cristal.

Puxo a permanente no rabo
e deulle esmalte aos cornos,
ela dí que quere mercar
unhas medias de cristal.

Ela canta, con acento
de mulata brasileira,
hai que vela, como move,
as cadeiras ao andar.

Ela canta, con acento
de mulata brasileira,
hai que vela, como move,
as cadeiras ao andar.

Nin dá leite nin dá nada
dá patadas á canada,
a herba xa non lle vai
quere palla integral.

Nin dá leite nin dá nada
dá patadas á canada,
a herba xa non lle vai
quere palla integral.

Ela canta, con acento
de mulata brasileira,
hai que vela, como move,
as cadeiras ao andar.

Ela canta, con acento
de mulata brasileira,
hai que vela, como move,
as cadeiras ao andar.




10.2.19

PRATO DO MES DE FEBREIRO NO TABOLEIRO DA LINGUA: LACÓN CON GRELOS E CHOURIZOS

No mes de febreiro, @s de 2º participamos no Taboleiro da Lingua,  no proxecto Prato do Mes, dentro do PDI do ano: BO PROVEITO!! cunha receita fantástica: Lacón con grelos e chourizos.
O momento do ano propio para a matanza do porco é o inverno, desde o San Martiño (11 de novembro) ata febreiro, antes do entroido.  Os fríos deste tempo resultan fundamentais para unha adecuada conservación da carne. 
Para levar a cabo a matanza na casa, había que avisar aos que ían intervir na mesma, tanto aos profesionais (matachín e agarrantes) como familiares e veciños. O matachín e os agarrantes tomaban a parva  antes de comezar, consistente nun almorzo constituído por chourizo, cachelos e touciño, todo regado de viño en abundancia e despois o augardente axudaba a matar o frío. 
Cómpre lembrar que a razón de ser da matanza do porco, era abastecerse de carne para todo o ano, así, só as partes máis perecedeiras (fígado, riles, sangue) se comen xa nos días da mata, mentres que o resto do animal adoita prepararse para ser conservado. As pezas máis nobres (xamóns e lacóns), xunto co touciño, a cachucha e o espiñazo consérvanse no sal, e o resto da carne pícase para facer chourizos.
Parabéns a todos e todas pola  presentación en plastilina, á que non lle faltou detalle, pois aparecen os grelos, a cachucha, o touciño, o lacón, os garavanzos, as patacas, os chourizos e un cachiño de costela

Bo Proveito !!! 





3.2.19

BO PROVEITO!: RECEITARIO DE OUTONO


Xa tendes á vosa disposición o libro: "Receitario de Outono",feito por iniciativa do Equipo de Biblioteca, que fixemos entre todo o profesorado e o alumnado do colexio, dentro das actividades do noso PDI do curso, Bo Proveito! Esperamos que vos guste esta presentación realizada polo Equipo de Dinamización das TIC.