Mostrando entradas con la etiqueta Samaín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Samaín. Mostrar todas las entradas

30.10.22

O SAMAÍN 2022 DE 2ºB. VIAXANDO POR MÉXICO COAS CATRINAS!!!!

 Neste Samaín en 2ºB fixemos unha viaxe por México traballando as Catrinas, típicas deste país tan próximo culturalmente. Nenos e nenas decoraron con moito esforzo a porta da nosa aula coas mandalas  dun dos símbolos que máis representa a México no "Día de Muertos". Ten orixe no 1912, e foi creada polo gravador e caricaturista mexicano José Guadalupe.


Tamén visitamos a exposición "Lecturas de Medo", organizada pola Biblioteca do cole, e a de cabazas, na que participamos con moito entusiasmo, mantendo a tradición do noso Samaín. Para finalizar, non podía faltar a Lectura a Escuras que tanto gozamos cada ano.



               

2.11.21

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN 2021, 1ºB

Aquí vos deixo as fotos do Samaín, coa "Lectura ás Escuras" e a "Exposición das Cabazas". As de 1ºB foron moi orixinais e víase o esforzo que fixéchedes en familia para colaborar con esta tradición tan nosa. Tamén os disfraces foron moi aplaudidos por todos e todas na nosa clase. Un día no que compartimos bos momentos e vimos o conto da "Bruxa Regañadentes" que daba moitísimo medo, menos mal que logo rematamos con "Cocorico", para non ter pesadelos. Podedes ver estes contos despois do fantástico vídeo elaborado polo equipo TIC´s, como recordo deste Samaín 2021.












28.10.21

CHEGA O SAMAÍN!!!!! VENRES 29 DE OUTUBRO 2021

  Mañá venres, 29 de outubro, festexaremos o Samaín e, como outros anos, faremos no cole unha exposición de cabazas.

Os nenos e nenas poderán traelas (de maneira VOLUNTARIA ), xa talladas e decoradas da casa.

Dada a situación sanitaria, e para favorecer as entradas, deberán ser cabazas pequenas que poidan ser transportadas facilmente polo propio alumnado.

Por mor da chuvia, as cabazas serán colocadas no corredor principal do colexio polo nenos e nenas, coa axuda do profesorado de garda.  O alumnado que chega en autobús, deberá traela nunha bolsa para favorecer o seu transporte e ao entrar no colexio se lles indicará onde deben poñer as súas cabazas. 

Ademais, se queredes, os nenos e nenas poderán vir disfrazados da casa, pero sen complementos que dificulten a desinfección de mans nas entradas e saídas.  

Tamén realizaremos a "lectura ás escuras" polo que o alumnado poderá traer unha lanterna de casa, identificada co seu nome. 

Moitas grazas pola vosa colaboración. 



30.10.19

SAMAÍN 2019: "LECTURA ÁS ESCURAS"

Hoxe rematamos as actividades do Samaín cos disfraces e a "Lectura ás Escuras" da hora de ler, que tanto nos gustan.  Compartir cos compañeiros e compañeiras a luz das lanternas e gozar da festa escoitando a música polos corredores coa decoración destas datas, foi do máis emocionante. Agora esperamos con moito entusiasmo o Magosto e o Día do Peón. 
Bo Samaín!!!


































Resultado de imagen de gif do samain