28.4.23

2ºB COLABORA NA CONFECCIÓN DO MAIO 2023

O Maio de 1º, 2º e 3º contou coa colaboración de nais e pais que nos axudaron a elaborar este precioso Maio. 
Cantamos e puxemos a base do "verde" que deu forma á estrutura.
Como gozamos do olor a fiúncho e de estar ao aire libre no xardín do colexio!!!
Un ano máis continuamos cumprindo coas tradicións da nosa vila!!!


              

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO 2023 EN 2ºB

 Este ano celebramos o Día do Libro no xardín do noso colexio coa colaboración do alumnado de 6º que compartiu lecturas de contos, como madriñas e padriños lectores, cos nenos e nenas de 2ºB. 

Foi unha experiencia marabillosa que queda plasmada nestas fotos para o recordo!!!