Mostrando entradas con la etiqueta Reciclaxe.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Reciclaxe.. Mostrar todas las entradas

9.3.20

LIBERA1M2: RECOLLENDO LIXO NO AREAL DE CABANAS

Hoxe vivimos unha experiencia fantástica participando xunto ao alumnado de 2°,3° e 4° de educación primaria, en Libera1m2, unha mobilización  para liberar a nosa natureza do lixo, denominada Basuraleza e que puxemos en práctica coa recollida de residuos na praia da Magdalena en Cabanas. 
A actividade  converteuse nunha gran xornada de convivencia entre alumnado, mestres e mestras e familias, participando activamente para crear unha conciencia medio ambiental, que é un dos obxectivos que estamos a traballar dende Illa Fantasía no noso colexio.
Grazas familias pola vosa inestimable colaboración!!!!



Libera

12.5.18

RECICLANDO


OS TRES R: «Reducir, Reusar e Reciclar» 

A RECICLAXE, consiste en transformar produtos usados noutros novos. 
 Ao longo do día, tiramos moitas cousas ao lixo: mondas de froita, papeis, latas, etc. A maior parte destes refugallos poden transformarse noutros produtos,  por iso é necesario reciclar depositando cada residuo no seu contedor.
 Reciclar é un xeito de coidar o medio, pero para reciclar, necesítase a colaboración de todos e de todas, como a nosa Leyre, que cunha botella grande de plástico, fixo unha preciosa casiña coa axuda da súa familia. O interior ten uns mobles feitos de restos de madeira. Non pode ser máis xenial o resultado. Parabéns a Leyre e a súa familia!!!
Animádevos a presentar os vosos traballos con materiais de refugallo!!!






15.4.18

REDUCIR, REEMPREGAR E RECICLAR

No tema 12 de Ciencias da Natureza, estamos a traballar como aforrar enerxía e as tres R: Reducir, Reempregar e Reciclar, así que vos deixamos uns vídeos que vos axudarán a comprender mellor que facer un uso eficiente a da enerxía e manter limpa a natureza, depende de tod@s.


EXPOSICIÓN DE MATERIAIS DE REFUGALLO 
Queremos facer unha pequena exposición con manualidades feitas por vos en familia, reempregando materias de refugallo. Aquí vos deixamos algúns exemplos, pero podedes presentar outros que vos gusten máis. Animádevos!!! Esperamos os vosos traballos!!!