28.4.18

ILLA FANTASÍA : A CANCIÓN DE KUMANANÁ

Temos que empezar a practicar a canción e o baile de Kumananá para as vindeiras actividades de Illa Fantasía, así que aquí a tedes.

ILLA FANTASÍA: RECURSOS EDUCATIVOS

Preme nas imaxes e poderás facer uns crebacabezas moi interesantes
 de Illa Fantasía.


  https://www.jigsawplanet.com/?rc=play&pid=1f46e5701540

https://www.jigsawplanet.com/?rc=play&pid=2e5dbf4df893



23.4.18

DÍA DO LIBRO 2018

Para celebrar o Día do Libro 2018, Güino fíxonos unha proposta: Escoller un libro para compartir cos demais. Así que nos puxemos a traballar e, logo de telo escollido,  fixemos un gran mural onde estamos tod@s  lendo os nosos libros favoritos. Mirade  como quedou:

 
Aquí está o de Güino  
PREME NA IMAXE (BIBLIOCOUCEIRO)



                                       

              Podedes ver máis tamén na publicación de A Casqueira

              


21.4.18

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL "RAMIRO FONTE"

Fomos á Biblioteca Municipal para asistir a unha actividade moi interesante coa presentación de un conto por parte de Alejandro, e aproveitamos para facer unhas fotos ante a placa conmemorativa de Ramiro Fonte, que da nome á nosa Biblioteca, e do noso monumento máis importante, O Torreón dos Andrade. Tamén fixemos outra no Pilón, para recordar estes días cando sexamos maiores.









BRÚJULA VEU A 1º A FACER "SUSHI LONG"




Desta volta , Brújula veu traernos unha receita de "Sushi Long", é dicir, Sushi para dragóns e dragoas. Foi moi interesante e puidemos gozar do sabor do pan , aguacate, tomate e limón. Aprendemos a comer axeitadamente cousas naturais. Xa sabedes, non debemos dicir que algo non nos gusta sen probalo.
 Comendo ben, cada día somos máis fortes e crecemos sen parar, así nos converteremos nuns grandes exploradores e exploradoras.
A gran noticia é que xa temos os materias de construción da escola, grazas ao esforzo de tod@s os que que participamos na busca e moi pronto teremos todo listo. 
Xa andan a buscar tamén os unicornios que tiñan fuxido co susto. Moi pronto teremos noticias.

 Adiante!!!

































15.4.18

APRENDER CE-CI-ZA-ZO-ZU



https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1511779037/contido/letra_z.html





https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1511779174/contido/letra_ceci.html

REDUCIR, REEMPREGAR E RECICLAR

No tema 12 de Ciencias da Natureza, estamos a traballar como aforrar enerxía e as tres R: Reducir, Reempregar e Reciclar, así que vos deixamos uns vídeos que vos axudarán a comprender mellor que facer un uso eficiente a da enerxía e manter limpa a natureza, depende de tod@s.


EXPOSICIÓN DE MATERIAIS DE REFUGALLO 
Queremos facer unha pequena exposición con manualidades feitas por vos en familia, reempregando materias de refugallo. Aquí vos deixamos algúns exemplos, pero podedes presentar outros que vos gusten máis. Animádevos!!! Esperamos os vosos traballos!!!

 

8.4.18

LENGUA 1º GE-GI-GUE-GUI-GÜE-GÜI

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/centros-tic/41009470/helvia/aula/archivos/repositorio/0/57/html/datos/01_lengua/03_Recursos/03_t/actividades/lectoescritura/01.htm

Non deixedes de practicar  as diferencias das formas ge-gi-gue-gui-güe-güi.  Neste exercicios podedes repasar o que xa vimos varias veces na clase.



7.4.18

DÍA DO TEATRO E DA POESÍA 2018

O Día do Teatro e da Poesía 2018, celebrámolo cun festival coa representación das obras: “O Momento Perfecto”  de Susanna Isern, posta en escena por 2º A, que trata da xenerosidade, do agradecemento e da amizade, e  a de Chus Pereiro "Ai Mamasiña, que Medo!", que representou o alumnado de 5º.
Houbo tamén un recitado de poesías de  Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Narrativa Infantil e Xuvenil 2017,  do seu libro “POEMAR O MAR”, que levou a cabo o alumnado de 3º e 4º , que estivo a traballar esta obra, conxuntamente co autor, o pasado día 19 de marzo na nosa Biblioteca "Xardín do Pasatempo" 
Para finalizar, bailamos e cantamos a canción de "Catro Vellos Mariñeiros".
Parabéns a todos e a todas!!!



Preme na imaxe para ver máis