31.10.18

ILLA FANTASÍA 2018: FACER UN ATRAPASOÑOS EN FAMILIA


ILLA FANTASÍA. A ESCOLA DO UNICORNIO : “BOCA DE LOBO: TERRITORIO DOS INDIOS” Mandounos unha carta con varios retos que os comentamos:
PARA UN INDIO OU UNHA INDIA SER, 7 RETOS DEBES FACER
1. A túa clase nunha tribo converterás e un nome lle darás e o teu nome indio inventarás con soamente dúas palabras.
2. Un obxecto crearás para espantar os pesadelos e os soños atrapar
3. Un tipi para a túa tribo crear e unha canción cantar
4. Compartir a Pipa da Paz e unha danza india bailar
5. Traxes, trenzas e adornos indios realizarás
6. O teu animal Tótem atopar
7. Un Tótem da tribo realizar
Con cada reto unha pluma de aguia conseguirás e ao rematar o curso, sexas neno ou nena, Xefe indio ou Xefa india Lakota chegarás a ser.
Se a túa tribo consigue, con signos algunha palabra dicir e un ancián apadriñar, plumas extras te chegarán.
(Gran Libro da Illa, Capítulo 4: Normas para ser un indio ou india, escrito pola Gran Xefa India Bisonte Branco.
A Gran Xefa India Bisonte Branco (Tatanka ská), mandounos unha carta onde nos comenta que fagamos un atrapasoños e estamos moi ilusionad@s con este traballo que vos propoñemos facer en familia.
Os videos que vos deixamos, presentan dous tipos de atrapasoños, un feito cun prato de cartón e outro con la. Veredes que é moi divertido e así podemos decorar a aula con estes amuletos marabillosos e tamén facer outro para o voso cuarto.

Cada parte deste amuleto ten un significado:
 O aro: O círculo externo é unha representación do cosmos e os catro puntos cardinais. Tamén é a roda curativa. No aro están representados os catro elementos da vida: o norte é o aire, a auga é o sur, o lume é o leste e a terra está ao oeste. 
A rede: Dentro da rede que se tece no interior do aro están as contas, sementes ou abelorios. Cada un destes pequenos obxectos decorativos representa o poder individual de cada persoa que escolle ao seu gusto o atrapasoños co que sente máis identificado. 
As plumas: Situadas na parte inferior do aro, as plumas non son un simple elemento decorativo, senón un filtro por onde soben á rede os soños bos. Son o principal símbolo da enerxía do atrapasoños e, segundo os chamanes, teñen os mesmos filamentos do aura humana. 
Lenda do atrapasoños:
Para entender para que serve un atrapasoños hai que remontarse a culturas moi antigas. 
Segundo a tradición oral dos Sioux, Iktomi, que era un vello mestre moi sabio e bromista, tomou a forma dunha araña e aparecéuselle ao líder da tribo Lakota. Ao falarlle nunha linguaxe que só era comprensible para os líderes lakotas, Iktomi construíu un aro cunha rama de salgueiro e empezou a tecer unha tearaña usando pelos de cabalo, plumas, sementes e pequenas contas de cores. Mentres tecía a rede, a araña ( Iktomi) ía explicando os círculos que caracterizan a vida humana.
 Segundo a lenda do atrapasoños, Iktomi díxolle ao ancián Lakota que, cando se cre no gran espírito que goberna a natureza, todas as boas ideas e visións quedarán atrapadas na rede, mentres que as malas ideas iranse polo buraco do centro da tea de araña. 


 Non deixedes de ver este vídeo sobre os indios nativos americanos.

30.10.18

SAMAÍN 2018

Día 31 de outubro:
Hoxe foi día de disfraces e de Lectura ás escuras con lanternas. A hora de ler máis divertida de todo o ano.
Que pasedes unhas boas vacacións!!






















Día 30 de outubro:
Hoxe o corredor encheuse de cabazas que @s de 2º trouxemos para celebrar o Samaín e foi moi divertido ver as nosas Vacas Monstruosas e todo o que fixemos para decorar as nosas aulas.
Aquí vos deixamos algunhas fotos e a presentación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG), que podedes ver premendo a imaxe.


Tamén podedes imprimir unhas fichas para facer na casa.
Bo Samaín!!!!




















26.10.18

AS MALETAS DE GÜINO 2018

O 24 de outubro, Día das Bibliotecas, os "Axudantes de Güino"achegaron a 2º as "Maletas de Güino", como agasallo desta conmemoración.
As maletas inclúen contos, libros informativos e revistas e ao longo do curso intercambiaremos as nosas maletas cas de 1º, así poderemos gozar de catro maletas e de moitos libros, que este ano tratan, entre outros temas, de alimentación saudable, porque o noso Proxecto de colexio (PDI) é BO PROVEITO
 Grazas Equipo de Biblioteca !!!!








19.10.18

BO PROVEITO. CÓCTEL DE LIBROS DA BIBLIOTECA

CÓCTEL DE LIBROS

Hoxe visitamos a exposición "Cóctel de Libros", organizada polo Equipo de Biblioteca, onde a nosa mascota Güino mostrounos libros moi interesantes sobre alimentación saudable, sobre receitas de cociña e tamén sobre VACAS, o animal que eliximos os de 2º para traballar o proxecto BO PROVEITO. 
Aquí vos deixamos momentos que pasamos gozando de libros que pronto teremos nas nosas aulas. 
Premede na imaxe de Güino e veredes unha presentación con fotos.
Tamén engadimos unha interesante noticia sobre o Día da Alimentación, que celebramos o pasado 16 de outubro. Esperamos que vos guste!!!


A NOSA MASCOTA
Preme na imaxe


Preme na imaxe