1.10.23

DESPEDIDA!!!!

 Estimadas familias, compañeiras e compañeiros, nenos e nenas, hoxe comezo a miña xubilación despois daqueles inicios de mestra cando tiña 23 anos, 43 anos de traballo cheos de acontecementos, de aprendizaxes e de percorrer un camiño que "fun facendo ao andar".

A vida foime levando por diferentes lugares onde puiden vivir moitas experiencias marabillosas, pero a máis importante de todas, foi ser mestra no meu pobo e compartir cunha xeración de estudantes, ese camiño que eu levaba andado, a experiencia e coñecementos que fun adquirindo.

Espero que este blog, que tanto nos deu nestes seis cursos desde que cheguei ao Couceiro, poida seguir adiante nunha nova etapa, porque nel queda o percorrido do alumnado que foi pasando polas aulas de 1º e 2º, nenas e nenos e as súas familias, cos que camiñamos xuntos os meus compañeiros, compañeiras e eu mesma.

Marcho desexándovos que o camiño que tendes inda por diante sexa, como dixo Antonio Machado, un camiño que se fai ao andar.

 O meu camiño, a partires de agora, abre para min unha nova etapa chea de posibilidades, porque a xubilación é recoller toda a nosa experiencia vital e, desde a serenidade e un tempo de vida novo, seguir esa senda que facemos coas nosas pegadas.

 Unha aperta moi grande e todo o meu cariño!!!!


CAMINANTE NO HAY CAMINO

Caminante, son tus huellas
el camino y nada más;
Caminante, no hay camino,
se hace camino al andar.
Al andar se hace el camino,
y al volver la vista atrás
se ve la senda que nunca
se ha de volver a pisar.
Caminante no hay camino
sino estelas en la mar.

Antonio Machado