30.3.19

BO PROVEITO! EXCURSIÓN A VILALBA 2019

Interesante excursión a que fixemos a Vilalba, para ver unha granxa de vacas que ten unha produción de leite das máis grandes de Galicia. Alí puidemos coñecer a estes animais elixidos por 1º e 2º, como parte do proxecto Bo Proveito!, en vivo, xa que moitos nenos e nenas, nunca puideran ver a muxidoira automática e gozar con estas vacas leiteiras da raza "frisona".
Unha vez que vimos o leite como produto natural, fomos á queixería Preste, onde se elabora o famoso queixo de San Simón e tamén outros con pemento e doutras especialidades. Esto deunos a oportunidade de ver un produto elaborado do leite: o queixo e descubrir como afuman o San Simón e como teñen queixos en cámaras especiais para maduralos con bacterias. Toda unha experiencia!!
A merenda fixémola na praia fluvial e puidemos gozar dunha bonita paisaxe e dun tempo marabilloso.
Polo camiño aproveitamos para repasar as árbores, os materiais de construción das casas e os traballos dos canteiros co granito nas igrexas así como as características dos lugares por onde pasabamos. Tamén cantamos e nos divertimos moito.
Unha boa oportunidade de levar as aulas ata os lugares reais dos que falan os libros.









































17.3.19

BO PROVEITO! VISITA AO SUPERMERCADO GADIS

Estes días andamos con moitas actividades, aproveitando as ofertas que nos chegan de diferentes lugares. En esta ocasión foi a visita ao supermercado Gadis, que tan amablemente nos tratou, explicando aos nenos e nenas a importancia de comer saudablemente. 
Dende a pirámide dos alimentos e da actividade física, ata revisar produtos en diferentes departamentos, fixemos un percorrido que axudou ao proxecto do ano: Bo Proveito!!!